COLEGAS

lunes, 28 de diciembre de 2009

Escribideira riscada en Vilar de Santos.






Nestes días de Nadal, apreciouse un considerable aumento na chaira Limiá, das diferentes especies integrantes do xénero Emberiza, coñecidas localmente co nome de escribideiras.

Nestas imaxes, obtidas no concello de Vilar de Santos o día 25 de decembro de 2009, podedes apreciar parte dos integrantes dun bando de escribideira riscada (Emberiza cia), localizado nos límites dunha carballeira, unha estrada e diversas terras de cultivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario