Seguindo a liña marcada por Rubén Portas e Xosé Ramón Reigada vou achegar esta serie de imaxes obtidas o día 7 de decembro de 2009 en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.
Como moitos de vós xa saberedes durante os anos 90 prodúxose a dramática concentración parcelaria en diversos concellos da Limia, dito feito non so supuxo a deforestación sistemática da chaira limiá, senón tamén a pérdida de hábitas de gran valor ecolóxico, como eran os valados de pedra que dividían as propiedades e que actuaban de refuxio para a herpetofauna, ademáis tamén supuxo a canalización de canto regato ou río se atopase, chegando a separar os caudais kilómetros de distancia do emprazamento orixinal, para respetar ao máximo o novo mosaico agrícola.
Despois de tanto desastre a vexetación trata de voltar na medida do posible aos canais, por que a natureza é así: loitadora, sen embargo parece que esto non é do agrado das autoridades e periódicamente se afondan os canais, destruindo a vexetación subacuática, e se tala sistemáticamente a vexetación de ribeira, co fin de evitar as inundacións.
Parte destes regatos foron transformados en simples cunetas, así na beira do curso que está pegado á estrada non se deixa medrar nin un triste xunco, algo que se aprecia nas imaxes.
Só algún labrego deixa medrar algo a vexetación de ribeira, cando algunha destas canles sirve de marxe entre as propiedades, sen embargo a brigada de turno pasa, e soio deixa as árbores limitadas a unha mínima expresión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario