COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Ralidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ralidos. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de octubre de 2013

Pita de río no Barbaña.

Cando no pasado mes de setembro me acheguei ao río Barbaña na procura das derradeiras novas sobre o misterioso caimán que presuntamente fora avistado na xornada anterior, un dato chamou poderosamente a miña atención, en cinco kilómetros percorridos somentes vin 2 pitas de río (Gallinula chloropus).

Lonxe est´çan os tempos nos que ata 50 parellas desta especie criaban no treito máis urbán deste malogrado río afluente do Miño, os causantes da súa desaparición son varios, a aparición do visón americano (Neovison vison) que depreda sobre postas, crías e adultos. As desbrozas da vexetación acuática do río para evitar avenidas de auga, por parte das adminitracións incompetentes, e o constante verquido de sustancias contaminantes ao río, que si ven non acaba directamente co animal, sí remata co seu alimento.





martes, 6 de septiembre de 2011

A volta dos galos de crista branca.






"Os males que non teñen forza para acabar coa vida, non a terán para acabar coa paciencia"-Miguel de Cervantes (1547-1616)- Escritor Español.

Fai un tempo que o compañeiro Diego rodriguez Vieitez informou, a través do Noticiario Ornitoxeográfico Galego, da volta dunha especie a terras limiás, o galo de crista branca (Fulica atra). Cando o lin quixen ser partícipe da felicidade deste feito acudindo ao lugar para inmortaliza-la feliz presenza desta especie na bisbarra.

Pero vaiamos por partes e fagamos algo de memoria adentrándonos no que sabemos e na historia desta especie na Limia. En primeiro lugar o nome, en castelán "focha", en galego foron utilizados varios, coma "demo negro" ou "galiñola negra", Villarino, González & Bárcena, recollen, na súa obra "Vertebrados da Limia", de obrigada lectura, galo, ou galo de crista branca, recomendando o uso deste último. Este nome parece moi apropiado xa que o asemella á pita d´auga (Gallinula chloropus), parente próximo, e fai unha clara alusión aos detalles físicos da especie, como podedes ver nas imaxes.

O galo de crista branca (Fulica atra) foi en tempos de antela unha especie abondosa, os seus ovos recollidos para o consumo, e os adultos cazados para a cazola. A pesar da desecación a especie mantivo até os anos 90 do pasado século, un continxente reproductor de certa importancia na Limia. Ao mesmo tempos eran tempos nos que a poboación invernante chegaba a varios centos nos encoros da cunca do Miño-Sil, segundo se recolle nos censos.

Coa chegada do novo século XXI, comeza o declive da especie, a poboación reproductora chega case a desaparecer na provincia, e a invernante sofre unha drástica diminución. Varias son as causas que se postulan para tan dramáticos feitos. A caza, o cambio drástico do hábitat, a introducción de especies alóctonas (o visón americano) ou mesmo a proliferación do xabarín parecen estar detrás do problema.

Na Limia, contadas citas case sempre referidas a exemplares solitarios, parecen indicar que algunha parella puidera ter pasado desapercivida, pero non se ten constacia da reproducción nos derradeiros anos. Agora seis exemplares paracen ser a semente que algúns agardamos sexa o comezo da volta do galo de crista branca. Ninguén podía presaxiar que a estas alturas de século o galo de crista branca fose tan escaso xa para os ourensáns como en tempos o seu parente a "focha moruna" (Fulica cristata) o foi para o conxunto do estado, "cousas veredes" como din na miña terra. Mentras tanto, disfrutade destas testimoniais imaxes, que dan conta dunha boa nova.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Pita de río en Ourense.







Esta é unha das 5 pitas de río (Gallinula chloropus) que foron localizadas no treito do río Miño, ao seu paso polo concello de Ourense, comprendido entre a presa de Velle e Outariz, durante o día 20 de decembro de 2009.

O exemplar que aparece nas imaxes, atopado perto da Ponte Nova, no treito máis metropolitano do cauce, parecía querer imitar a un bilurico bailón (Actitis hypoleucos) buscando alimento sobre as rochas, onde nese momento descansaban uns cantos corvos mariños (Phalacrocorax carbo) e algunha gaivota crara (Larus michahellis).

lunes, 2 de marzo de 2009

As pitas de rio do Barbaña xa están criando



No río Barbaña ó seu paso por Ourense as pitas de río xa estan incuvando, en concreto dende o pasado dia 20 de febreiro xa se observan as primeiras postas

Camon de allen en Ourense










O pasado 12 de Febreiro de 2009 foi atopado polo autor, en pleno centro de Ourense, no parque Miño, un exemplar dunha nova especie para Galicia, o camon de Allen (Porphyryo alleni), esta especie de orixe africano, non fora citada con anterioridade en Galicia, no resto de España existen a lo menos 13 citas máis espalladas por distintos puntos do pais, ainda que con maior intensidade na metade Sur e nas illas Canarias, estas citas unidas a outras do resto do continente que coinciden entre os meses de Xaneiro e Marzal principalmente, teñen sido xustificadas como movimentos dispersivos asociados a fugas da sequía desta época na África subsahariana, ainda que en parte dos casos non pode descartarse unha orixe artificial da mesma producto dun escape, como de feito xa se ten comprovado.

Como prova ahí tendes a serie de fotografias obtidas no debandito día, a cita está publicada na web da Sociedade Galega de Ornitoloxia (SGO) www.sgosgo.org onde tamén atoparedes parte das fotografias que aquí se presentan.