COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta San Cibrao das Viñas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta San Cibrao das Viñas. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de abril de 2011

Papuxa carrasqueira en San Cibrao das Viñas.






A primavera chegou, e con forza, as aves estivais xa se fan cada día máis notorias, e proba delo este macho cantor de papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans) atopado no concello de san Cibrao das Viñas na pasada fin de semana.

A papuxa carrasqueira á un pequeno paxaro insectívoro característico do mato dmediterráneo. Na Galiza a súa distribución atixe únicamente ao Sur da comunidade, onde a influenza climática mediterránea é mais notoria.

En Ourense a presenza desta especie á especialmente detectable nas bisbarras de maior influenza maditerránea, como o Val do Támega, a Depresión Ourensá, ou Valdeorras entre outras.

martes, 12 de abril de 2011

Face to face: A faciana da cobra lagarteira meridional.














A vida en ocasións permítenos ser testemuñas de momentos de extrema beleza, mirando a faciana desta cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), nada parece explicar o temor que a súa visión provoca en multitude de persoas.

Ei de dicirvos que a cobra lagarteira meridional é un réptil totalmente inofensivo para o ser humano, ao contrario que o propio ser humano, tal altamente perxudicial para a maioría das especies, tanto coma o máis potente veleno do reino animal.

Mirando estas imaxes, obtidas no concello de San Cibrao das Viñas o pasado día 9 de abril de 2011, so atopo ternura, delicadeza e serenidade, serenidade que moi poucas veces logro atopar nas persoas.

Convídovos a todos a reflexionar un intre, e ficar absortos na riqueza natural da galiza, sempre deturpada dentro e fora das nosas fronteiras.

viernes, 30 de octubre de 2009

Lagartixas dos penedos na bisbarra de Ourense








Non hai dúbida algunha que a especie máis común nas prospeccións herpetolóxicas na comarca de Ourense é a lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), boa proba deste feito é o número de fotografías acumuladas desta especie durante este mes de outubro de 2009, provintes dos concellos de O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Ourense.

miércoles, 21 de octubre de 2009

A Mioteira, un pobo de San Cibrao das Viñas


A Mioteira é un pobo do concello de San Cibrao das Viñas, un topónimo relacionado cas aves rapaces, mioto é o nome xenérico co que nalgunhas zonas de Ourense se refiren ás aves rapaces de mediano tamaño, (Buteo, Pernis, Milvus, Circus...), que son coñecidas tamén como miñatos, buxatos ou rapinas, polo tanto mioteira sería aquel lugar no que hai miñatos ou miotos, neste pobo exite unha sonada carballeira (A Carballeira da Mioteira) un hábitat ideal para este tipo de aves.

lunes, 19 de octubre de 2009

Lagartixa galega en San Cibrao das Viñas


A lagartixa galega (Podarcis bocagei) non é unha especie demasiado frecuente dentro da bisbarra de Ourense, ao tratarse dunha zona climatolóxicamente mediterránea, a pesar deste feito a especie aparece en pequeno número nas zonas axeitadas, este exemplar, unha femia, foi atopado nun muro que rodea unha carballeira perto do pobo de Buinte, no concello de San Cibrao das Viñas.

jueves, 27 de agosto de 2009

Morfo escuro de miñato abelleiro na Boutureira.




Exemplar novo de morfo escuro de miñato abelleiro (Pernis apivorus) fotografado na Boutureira (San Cibrao das Viñas) o día 26 de agosto de 2009.

viernes, 29 de mayo de 2009

Rá dos regos na Bultureira





As presentes fotos de rás dos regos (Rana iberica) foron obtidas no parque de A Bultureira, no concello de San Cibrao das Viñas o día 20 de Abril de 2009, presentanse tamán diversas visións ventrais de distintos exemplares, como parte dun estudio sobre as rás pardas na provincia de Ourense.