COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Natrix maura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natrix maura. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de junio de 2015

Cobra d´auga viperina na Veiga.

A cobra d´auga viperina (Natrix maura), pasa por ser un dos ofidios máis frecuentes na nosa terra. Achegada habitualmente aos cursos e masas de auga doce, pode atopartse en ocasións tamén a unha certa distancia destes, ou asociada a masas fluviais de moi escasa entidade.

Trátase dunha especie totamente inofensiva que basa a súa estratexia de supervivencia en tres puntos fundamentais. En primeiro lugar a súa imitación ás víboras, para o cal posúe en ocasións deseños cromáticos moi similares a estás, e trata de imitalas na forma cando fai o seu display intimidatorio. En segundo lugar, en ocasións pode chegar a facerse a morta, para tratar que o seu atacante a deixe en paz. e en terceiro lugar pode cagarse enriba do inimigo, costume común a outras especies de amfibios e réptiles.

Nas imaxes, optidas o pasado día 23 de xuño de 2015 no concello de A Veiga, observáse un exemplar desta especie, atopado na compaña de David (do Pereiro), nas proximidades do pobo de A Ponte.








lunes, 4 de abril de 2011

A faciana da cobra de auga.






A cobra de auga viperina (Natrix maura), é un réptil, ofidio, de hábitos anfibios moi frecuente nesta nosa provincia de Ourense.

Sempre achegada á cursos de auga, aínda que en ocasións pódese separar unha certa distancia deles, a cobra de auga viperina debe o seu nome á imitación que tratade facer das víboras para defenderse. Esta imitación pasa por adoptar diseños cromáticos similares, e adoptar poses en caso de ameaza, que se asemellan aos oficios do xénero Vipera.

Pese ao que moita xentre cree, as cobras de auga son totalmente inofensivas, non posúen veleno, e rara vez atacan, preferindo en caso extremo, facerse as mortas, feito que xa ilustramos no seu momento a través das páxinas deste blog.

Desta volta achégovos unhas imaxes dun xuvenil desta especie fotografado na capital herpetolóxica da Galiza (Ourense) o sábado pasado, día 2 de abril de 2011.

En certas parte de Ourense cóntase a seguinte historia no tocante ás serpes ou cobras de auga.

"Disque, contan os vellos, que as cobras de auga non son perigosas somentes cando están na auga, xa que antes de sumerxirse no líquido elemento, deixan o veleno aparcado na beira".

Esta afirmación é errónea e débese á observación das babas de certa especie de chinche, habitual nas beiras de regatos.

martes, 2 de noviembre de 2010

Cobra de auga viperina en Rairiz de Veiga.



Recentemente falabamos a través das páxinas deste blog sobre a variedade cromática da cobra lagarteira europea en Porqueira, pois ben hoxe falaremos doutra variedade cromática peculiar tamén noutra especie, a cobra de auga viperina (Natrix maura).

Por desgracia estouvos a falar dun exemplar atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Rairiz de Veiga o pasado día 23 de outubro de 2010, na compaña de Rafa Vázquez.

Dito exemplar posúe a peculiaridade de pertencer á variedade cromática "bilineata", esto quere dicir que o seu deseño caracterízase por posuir duas liñas vertebrais e paralelas que encerran o dibuxo en zig-zag, que habitualmente posúen os integrantes desta especie.

Este debuxo en zig-zag é un deseño moi carazterístico das víboras (vípera sp.) ás que, precisamente, tratan de asemellarse as cobras de auga desta especie; curiosamente, as víboras de seoane (Vipera seoanei), tamén teñen a variedade cromática bilineata.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Cobra de auga viperina en Montederramo.




O pasado día 4 de setembro de 2010 na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, atopamos este exemplar de cobra de auga viperina no encoro do Mao, en terreos do concello de Montederramo.

A cobra de auga viperina, semella ser unha das especies de ofidios máis frecuentes da provincia de Ourense, e subliñamos de novo, unha especie de réptil totalmente inofensiva para o ser humano que debe de ser respetada.

Cobra de auga viperina asasinada en Pereiro de Aguiar.



Non nos cansaremos de denunciar, a través das páxinas deste blog, o constante ataque ao que as nosas especies de ofidios, perigosas ou non, son sometidas.

O pasado día 4 de setembro de 2010, no encoro de Cachamuiña, en terreos do concello de Pereiro de Aguiar, e na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa, atopamos este exemplar de cobra de auga viperina (Natrix maura), con evidentes signos de violencia, gustaríame recalcar o feito de que as cobras de auga son TOTALMENTE INOFENSIVAS, e imprescindibles para o correcto equilibrio dos nosos ecosistemas acuáticos, así mismo é necesario subliñar que o asasinato de hérpetos é un delito penado pola lei, e polo tanto ILEGAL.

lunes, 28 de junio de 2010

Cobra de auga viperina na Gudiña.


Un dos comportamentos máis carazterísticos das cobras de auga é facerse as mortas cando presinten que un perigo as rodea, así en ocasións cando manipulamos unha cobra de auga esta pon en acción o seu displai disuasorio que consiste nunha actuación digna dun "oscar", simulando estar morta, no momento que deixamos de manipulala "resucita" e fuxe a fume de carozo.


Este é o momento estelar dun exemplar de cobra de auga viperina (Natrix maura) atopada en terreos do concello de A Gudiña, na compaña de Martiño Cabana, Anxos Romeo e Xosé Ramón Reigada.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Xuveniles de cobra de auga atropelados en Sandiás










Este pasado sábado día 10 de outubro de 2009, as Areeiras da Limia reciviron a visita de César Ayres (da Sociedade Herpetolóxica Galega) e Xosé Ramón Reigada (autor do blog Verín Natural), xuntos fomos testemuñas da morte de dous xuveniles de cobra de auga (Natrix maura) por atropelo nas pistas deste espazo natural limiao, por sorte tamén tuvemos a oportunidade de disfrutar da visión doutro xuvenil, desta volta ben vivo.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Cobra de Auga no río Buble.









O río Buble alberga sen dúbida algunha unha interesante biodiversidade, unha das especies presentes é a cobra de auga (Natrix maura), como amosan estas fotografías, nelas aparecen dous exemplares desa especie atopados perto do río Buble, que sirve de liña divisoria entre os concellos de Monterrei e Oimbra.

A cobra de auga, réptil semiacuático, recive en castelán o nome de "culebra viperina", recive tal nome debido á costume que ten esta especie de imitar ás víboras, tanto nas cores da súa librea, como no seu displai intimidatorio, na que trata de dar unha forma triangular á cabeza, para así asemellarse ó máximo posible ao velenoso réptil, tal costume podedes observar nas últimas fotografías, nas que se aprecia unha cobra de auga moi "viperina".

viernes, 20 de marzo de 2009

Cobra de auga no río Loña





O pasado 31 de xullo de 2008 comprovouse a reproducción da cobra de auga (Natrix maura) en augas do río Loña ó seu paso polo concello de Ourense, nese día atopouse un neonato, posiblemente nado nos días anteriores, á procura de cágados e peixiños, nunha pequena poza á carón mismo do cauce principal do río, así mesmo se mostran unhas fotografias dun exemplar adulto da mesma especie atopado no mesmo lugar, apenas uns metros río arriba poucos días despois.