COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta coraciformes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coraciformes. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de septiembre de 2010

Martiño peixeiro en Pereiro de Aguiar.




Aínda que estas imaxes de martiño peixeiro (Alcedo atthis) non teñen a calidade das obtidas durante as xornadas de anelamento da Limia do mes pasado, teñen para min o valor de haber sido obtidas en total liberdade, e sendo testemuña da presencia da especie no encoro de Cachamuiña, pertencente ao concello de Pereiro de Aguiar.

A observación foi feita o pasado día 4 de setembro de 2010 na compaña de Rafa Vázquez, Vero e Noa.

viernes, 3 de septiembre de 2010

Martiño peixeiro en Sandiás.








O martiño peixeiro (Alcedo atthis) é un dos máis fermosos paxaros dos que voan por estas terras, é un feito de sobra coñecido que a bisbarra da Limia acolle unha importantísima poboación nidificante da especie, asentada principalmente nos concellos de A Porqueira, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e Sandiás.

As imaxes amosan algúns dos exemplares capturados para anelamento polo anelador pontevedrés Emilio Martinez Sabarís en terreos do concello limiao de Sandiás durante os días 14 e 15 de agosto de 2010.

Nas imaxes, asemade, pódese apreciar con claridade a extrema beleza das cores da plumaxe dunha das aves tidas como bioindicador dos ríos europeos, estando protexida na maioría das terras nas que habita, debido á forte regresión que nos últimos tempos, sufriu a especie en gran parte da súa área de distribución.

domingo, 10 de enero de 2010

Bubela na Veiga do Toxal.




Na compaña de Martiño Cabana e Anxos Romeu foi localizada esta bubela (Upupa epops) na Veiga do Toxal, no concello Limiao de Porqueira.

A bubela é unha especie estival, sen embargo, ao igual que as cegoñas brancas, é unha das primeiras especies en voltar da migración, así a pesar de que a cita se produce o 9 de xaneiro de 2010, é difícil aventurar si se trata dun exemplar que non migrou, ou pola contra se trata dun indivíduo que voltou cedo.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Bubela en Barbadás



Fotografías do día 4 de agosto de 2009 optidas no pobo de Barbadás, trátase dun pequeno grupo familiar de bubelas (Upupa epops) cun polo do ano.

lunes, 27 de julio de 2009

Martiño peixeiro no río Loña



Unha das máis claras evidencias da calidade que aínda conserva o río Loña en Ourense é a presenza do martiño peixeiro (Alcedo atthis), unha especie moi exixente en canto ós niveis de contaminación, o pasado 24 de xullo de 2009 foi atopado un exemplar desta especie en dito río, pousado nunha percha que usa habitialmente para ós seus lances á procura de alimento.