COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Hieraaetus pennatus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hieraaetus pennatus. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de julio de 2011

Águia caudal en Vilar de Santos.






Parece que as terras limiás estanse postulando como un dos lugares máis adecuados para a observación de aves rapaces dentro do contexto xeográfico galego, proba delo é a presencia da maior parte das especies observables na nosa comunidade dentro desta bisbarra ourensá.

A progresiva recuperación das poboacións de certas especies de aves rapaces tamén esta axundando a xeneralizoción das observacións tanto dentro como fora da bisbarra da Limia.

A finais do mes de xuño topeime con este exemplar de águia caudal (Hieraaetus pennatus) en terreos do concello limiao de Vilar de Santos. A águia caudal, rapaz forestal, presenta unha fase crara, que é a que aparece nas imaxes, e outra escura, existindo ademáis unha fase intermedia con características cromáticas entre ambas.

Ave escasa no pasado recente, as poboacións desta ave rapaz de mediano tamaño, recuperáronse espectacularmente no contexto ourensán, sendo frecuente a súa observación na maior parte do territorio da nosa provincia.

viernes, 16 de julio de 2010

Águias caudais e gaivotas patiamarelas: crónica dun conflicto ourensán.











Ocorre en ocasións que a vida nos coloca diante do nariz instantes de extrema beleza nos máis insospeitados lugares, os "bicheiros" coma mín disfrutamos enormemente con este tipo de espectáculos.

Nos últimos anos a fauna urbana da cidade de Ourense experimentou un profundo cambio, así hoxe en día podemos atopar unha colonia nidificante de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) asentada nos tellados dos edificios da cidade, esta colonia, asentada nos primeiros anos do presente século XXI, non deixou de medrar ata alcanzar a maior parte dos barrios aurienses, e debe ser a día de hoxe a maior colonia interior da especie en Galicia.

Do mesmo xeito, nos últimos anos somos testemuñas do progresivo aumento das observacións de águias caudais cicleando sobre a cidade, e nidificando sobre reductos fragosos, máis ou menos extensos, próximos ao núcleo urbán.

Pero como a vida ten esas cousas fai que cando unha águia caudal (Hieraaetus pennatus) sobrevoa cicleando os ceos do centro da cidade as patiamarelas que alí crían, consideren a esta ave rapaz unha ameaza intolerable sobre as cabezas dos seus polos, polo que os pais saen a fume de carozo ca firme intención de expulsar ao enimigo dos seus dominios.

Así onte, día 15 de xullo de 2010, esta coitada águia caudal levou un susto ao atreverse a sobrevoar a colinia de cría que as patiamarelas teñen instalada sobre os tellados do barrio do Xardín do Posío.

Águia caudal en Ourense.
















Nestas imaxes, obtidas onte, día 15 de xullo de 2010, no barrio ourensán de A Farixa, podedes apreciar un exemplar, en fase crara, de águia caudal (Hieraaetus pennatus), curiosa imaxe dunha especie principalmente forestal, nun barrio do extrarradio urbán da cidade, en pleno proceso de urbanización, lonxe están xa os tempos nos que ver esta ave rapaz era unha sorte pouco provable.

martes, 6 de julio de 2010

Águia caudal en Vilar de Santos











O pasado día 27 de xuño de 2010 foi observado este exemplar de águia caudal (Hieraaetus pennatus) sobrevoando o pobo de Castelaos, en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

A águia caudal ten duas variantes de plumaxe, a que podedes apreciar nestas imaxes é a variante crara, ademáis existe outra variedade, a escura, máis similar ao buxato (Buteo buteo).

A águia caudal mantén na nosa provincia unha distribución aceptable a pesar da intensa deforestación que os incendios dos últimos anos teñen suposto.

lunes, 14 de septiembre de 2009

Águia caudal na Limia


Fotografía do día 11 de setembro de 2009 no concello limiao de Vilar de Santos no que se observa un exemplar novo de morfo escuro de águia caudal (Hieraaetus pennatus).

miércoles, 26 de agosto de 2009

Águias caudais crían en Ourense.



Durante a pasada tempada de cría realizáronse unha serie de observacións de águias caudais (Hieraaetus pennatus) nun monte do concello de Ourense limítrofe co veciño concello de Pereiro de Aguiar, comprovándose a nidificación desta especie ao voar os polos, tres, o día 11 de agosto de 2009, nos días posteriores o grupo familiar fai incursións de caza sobre os barrios de A Follateira e A Lonia, centrándose en zonas arboladas dos mesmos, e mantendo o contacto con contínuos reclamos e chíos que chaman a atención dos veciños da zona.

viernes, 20 de marzo de 2009

Águia caudal atacada por unha parella de peneireiros comúns en Ourense






O pasado día 12 de agosto de 2008 foi localizado un exemplar de fase clara de águia caudal (Hieraaetus pennatus) no barrio ourensán de A Loña, case nese mesmo instante unha parella de peneireiros comúns (Falco tinnunculus), que rexenta un territorio preto da zona e ten como pousadoiro o edificio da facultade de empresariais do campus universitario de Ourense, realiza un contudente ataque sobre a rapaz, finalmente a parella de peneireiros logrou espantar á águia que abandonou a zona en dirección suroeste.