COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Muscicapa striata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Muscicapa striata. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2014

Papamoscas negro y gris en Ourense

Unha das aves máis frecuentes do paso postnupcial é sin dúbida o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que durante os meses de setembro e outubro faise omnipresente na nosa provincia de Ourense. Parece nestes días que non hai un recuncho no que non voe o papamoscas ou o seu parente o papamoscas gris (Muscicapa striata) do que falamos recentemente e que se presenta menos abondoso.

Nas primeiras imaxes un papamoscas negro fotografado no barrio do Vinteún, nas catro últimas e con tupé a lo "Elvis" estriado un papamoscas gris fotografado en Santa Cruz de Arrabaldo nos pasados días.











sábado, 13 de septiembre de 2014

Papamoscas gris en Ourense.

O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un pequeno e discreto paseriforme que, como o seu propio nome indica, se alimenta de insectos, que captura tanto en voo coma no chan, aínda que principalmente da primeira maneira.

Durante a época reproductora o papamoscas gris é un ave bastante escasa na nosa provincia, apenas un puñado de parellas se acantonan, principalmente no leste do noso territorio. 

É, sin embargo, durante os pasos migratorios cando a especie se detecta con maior facilidade, principalmente durante o paso migratorio postnupcial, que está tendo lugar nestes días.

Nas imaxes podedes observar un exemplar desta especie atopado o pasado día 11 de setembro de 2014 no barrio ourensán de Peón de Cima de Mende, unha pequena poboación do arco rural da cidade situada á ribeira do río Loña.




jueves, 10 de octubre de 2013

Papamoscas gris en Punxín.



O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un paseriforme insectívoro de tamaño medio e cores discretas. Aínda que existe unha pequena poboación nidificante asentada na metade leste da provincia é durante os pasos migratorios cando a especie se observa con maior facilidade en calquera punto da provincia, aínda que sempre en escaso número, sobretodo se o comparamos co papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que parece case omnipresente durante o paso migratorio postnupcial.

Nas imaxes un exemplar localizado o pasado mes de setembro, nunha área agrícola abandonada do concello de Punxín e a carón dun castiñeiro (Castanea sativa).


















miércoles, 13 de octubre de 2010

Papamoscas gris en Rairiz de Veiga.






O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un paseriforme que se presenta na provincia habitualmente durante o paso migratorio postnupcial, existe sin embargo, unha pequena poboación reproductora asentada no Leste da provincia, quizáis a máis importante de Galicia.

A bisbarra da Limia é un deses lugares onde podemos detectar a presencia desta especie durante o paso migratorio, boa mostra deste feito foi a detección, o pasado día 10 de Outubro de 2010, dun pequeno grupo de papamoscas grises, composto por 5 exemplares, en terreos de concello limiao de Rairiz de Veiga.