COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Tringa ochropus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tringa ochropus. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de septiembre de 2010

Bilurico alinegro en Sandiás.






O bilurico alinegro (Tringa ochroropus) é unha limícola relativamente frecuente durante os pasos migratorios nas grandes depresións fluvias da provincia de Ourense.

O pasado día 14 de agosto de 2010, o anelador Emilio Martinez Sabarís capturou para anelamento un exemplar desta especie en terreos do concello limiao de Sandiás.

A bisbarra da Limia é, sin dúbida algunha, o punto ourensán onde o bilurico alinegro é máis sinxelo de observar, recoméndovos que visitedes o espazo natural das Areeiras da Limia, para a observación desta e doutras moitas especies de aves acuáticas.

Se aceptades a recomendación non dudedes en avisar, así teredes un guía local e por riba, gratuito.

domingo, 25 de octubre de 2009

Bilurico alinegro nas areeiras da Limia.


Nesta fotografía podedes apreia-lo diseño do rabo do bilurico alinegro (Tringa ochropus), característica clave para a identificación da especie, a imaxe foi optida hoxe á mañá, día 25 de outubro de 2009, nas areeiras da Limia en Sandiás.

martes, 22 de septiembre de 2009

Bilurico alinegro nas areeiras da Limia.




O bilurico alinegro (Tringa ochropus) segue en paso a través da provincia, o día 19 de setembro de 2009 había 2 exemplares nas areeiras da Limia en Sandiás.

lunes, 24 de agosto de 2009

Bilurico alinegro na Limia





O bilurico alinegro (Tringa ochropus) é unha esquiva ave limícola que se presenta en escaso número na provincia durante os pasos migratorios, sobretodo durante o postnupcial, estas fotografías amosan sendos exemplares observados nos concellos de Sandiás e Xinzo de Limia o día 23 de agosto de 2009.