COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Neovison vison. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neovison vison. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2015

Visón americano no río Miño.

Moitas veces a través das páxinas deste blogue nos temos achegado á problematica que a presenza do visón americano representa para o equilibrio ecolóxico dos hábitas ourensáns. Noutras ocasións as imaxes presentadas teñen sido bastante millores pero a publicación destas en concreto ten a súa razón.

En imnumerables oportunidades teño escoitado a testemuña de diversas persoas asegurando a presenza das máis diversas e extrañas especies no río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense, este tipo de testimonios son comúns a outras zonas e a todo tipo de hábitats. Como se pode apreciar nestas imaxes, en ocasión unha especie máis ou menos frecuente, dependendo das condicións da observación, pode aparentar totalmente o que non é, dando lugar, incluso a lendas urbanas ou "serpes de verao".

No primeiro intre era publicar estas imaxes baixo un formato tipo foto misteriosa ou similar e gardar as elucubracións dos leitores, pero finalmente defidín dar xa a identificación e, se o tendes a ben, dicide o que vos pareza nos comentarios.

O visón americano (Neovison vison), e unha especie invasora provinte do norte do continente americano. A súa expansión na Península Ibérica está ameazar a supervivencia de especies de anfibios, aves, réptiles ou mamíferos, aos que depreda ou cos que compite, dependendo da especie. A presenza do visón americano na nosa provincia remóntase aos comezos do século XXI. En certos espazos naturais téñense feito capturas para tratar de eliminala especie, nembargantes a efectividade destas medidas ten sido insuficiente e totalmente inutil para a eliminación da especie.
















martes, 1 de febrero de 2011

Futuro Imperfecto: 2º capítulo: Listaxe dos mamíferos introducidos na provincia de Ourense.




"A tontería da humanidade ronóvase diariamente"- Jacinto Benavente (1866-1954)- Dramaturgo español.

Onte estivemos a falar das especies de mamíferos que nos deixaron nos derradeiros seculos, sen embargo, namentres algunhas especies eran expulsadas para sempre da terra ourensá, outras ían chagando sixilosamente da mesma man que estaba a expulsar ás especies autóctonas.

A historia das especies foráneas de mamíferos ourensás é, en ocasións, ben curiosa, mais noutras é, sen caer no pesimismo, máis ben tráxica, vaiamos logo enumerando aos nosos novos veciños.

Listaxe dos mamíferos alóctonos establecidos na provincia de Ourense:

-Rata común ou parda (Rattus norvegicus): A máis que frecuente rata de alcantarilla, hoxe en día parte intrínseca da fauna das nosas vilas e cidades, era descoñecida no noso país antes do s: XIX. Esta especie, orixinaria do continente asiático, acadou como o continente Europeo coma comensal do home durante o século XVIII, desprazando das zonas máis urbanas á súa parente a rata negra (Rattus rattus), aínda que a introducción desta especie se produciu dun xeito pasivo, frecuentemente debido ao tráfico de marcadorías, non deixa de ser unha especie allea á fauna vertebrada orixinal da provincia de Ourense.

-Muflón ou carneiro bravo (Ovis musimon): xa abordamo-la presenza desta especie na provincia nunha entrada anterior, podedes leela picando aquí.

-Gamo (Dama dama): igual que no caso anterior, a especie foi correctamente tratada nunha entrada anterior, que podedes cinsultar de novo picando aquí.

-Visón americano (Neovison vison): especie de mustélido orixinaria do continente americano, e un dos máis graves problemas ecolóxicos aos que a provincia de Ourense se enfrenta na actualidade. A día de hoxe esta especie está presente na maioría dos vales fluviais da provincia. Con dous focos principais de dispersión. O primeiro prodúxose na provincia de Pontevedra no ano 1986, cando o ciclón Hortensia provocou danos en granxas peleteiras do Baixo Miño, que provicaron o escape de varios centos de exemplares, que conqueriron adaptarse e reproducirse no medio natural galego, chegando á nosa provincia coa entrada do século XXI. Por outro lado o Frente de Liberación Animal, liberou varios centos de exemplares de granxas peleteiras situadas na bisbarra da Limia, dende alí, unha vez establecidos, dispersáronse cara o Val do Támega, entrando posteriormente en Portugal, nas cercanías da vila de Chaves.

Especies alóctonas escapadas e non establecidas na provincia de Ourense:

Tense constancia de escapes de diversas especies alóctonas mantidas en catividade que non supuxeron un establecimento das mesmas no medio natural ourensán, en xeral estas especies proveñen do mercado de mascotas. Existen tamén diversos avistamentos non confirmados polo momento, que poderían indicar unha expansión de poboacións de certas especies alóctonas dende provincias cercanas.

Cobaia (Cavia procellus), de orixe americana, moi popular como animal de compaña.

Hamster dourado (Mesocricetus auratus), aínda máis popular que a especie anterior no mercado de mascotas domésticas.

Mapache (Procyon cancrivorus) de orixe americana, relativamente popular como mascota nos derradeiros anos, foi frecuente tamén en granxas peleteiras, que deron como orixe o establecimento da especie en Centro Europa, na Península Ibérica está xa establecido no centro, especialmente nas cercanías de Madrid, existen diversos rexistros non confirmados da presencia da especie en bisbarras ourensás, que poderían xurdir de confusións ante o avistamento de teixugos, se ben é certo que o ano pasado un exemplar desta especie foi atropelado en Lugo.

Por último nomear que nos anos 90 do século XX, parece que foi observada unha pantera (Phantera pardus) nos arredores da cidade de Ourense, o caso levantou espectación en todo o país, sendo recollido na prensa da época como un caso de avistamento de "Alien Big Cat", sen embargo o dato non foi confirmado con posterioridade.

Frente a esta dura realidade parece que temos puco que facer nós, os comúns dos mortais, somentes recomendar que non se solten as mascotas no medio natural, e gardar, que a diferencia doutros puntos do país, na provincia de Ourense non sigan a aparecer novas especies alóctonas, xa temos suficientes personaxes nesta película.



viernes, 13 de agosto de 2010

O visón americano: Unha especie urbana en Ourense.













Poucos saben da existencia do visón americano (Neovison vison) nos treitos máis urbáns dos ríos do concello de Ourense, entre eles o Barbaña, quizáis o máis urbanita dos cauces aurienses.

Allea aos viandantes facendo deporte nos paseos que rodean este calanizado e contaminado río, allea asemade á algaravía dos cativos que xogan nos parques cercanos, atopei esta femia absorta na tarefa de construilo seu cuvil, allea tamén ao grave problema que a súa mera presencia supón para o equilibrio ecolóxico dos lugares nos que habita.

Onte, día 12 de agosto de 2010, despois dunha hora de paciente espera, esta "visona" tivo a ben mostrarme un pequeno pedazo da súa vida, topeina construindo a súa toqueira, quizáis apurada polo inminente alumbramento dunha nova xeración ourensá desta especie invasora orixinaria do continente americano. De tanto e tanto o animal descansaba, para beber, a falta de cervexa, un grolo no cauce do río, que pola cor ben se podía confundir coa resfrescante bebida.

jueves, 22 de octubre de 2009

Visón americano morto nas areeiras da Limia.






Estas fotografías mostran o cadaver dun mustélido atopado o día 10 de outubro na pista que discorre á beira da canle de Antela, na zona das areeiras da Limia en Sandiás, na compaña de César Ayres chegamos á conclusión de que se trataba dun visón americano (Neovison vison), opinión que tamén comparte Jorge Falagán, (Área de Ecoloxía da Universidade de León).

O visón americano é un mustélido americano introducido na provincia de Ourense, as poboacións ourensás desta especie teñen duas orixes, por unha parte están as asentadas no Occidente (Bisbarras de Ourense e O Ribeiro), descendentes dos exemplares liberados das granxas peleteiras de O Porriño e outros puntos da provincia de Pontevedra polo ciclón Hortensia no ano 1986, estes exemplares comezaron a reproducirse en liberdade ascendendo polo cauce do río Miño ata alcanzar a provincia de Ourense a finais dos anos 90. Por outra banda están as poboacións asentadas no centro e Oriente da provincia, que teñen a súa orixe nas sucesivas soltas provocadas por membros do Frente de Liberación Animal en diversas granxas peleteiras da bisbarra da Limia, e que conqueriron reproducirse e extenderse. Na actualidade podemos dicir que esta especie se atopa extendida xa por toda a provincia, estando quizáis ausente tan só das cotas máis altas das serras.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Os visons americanos do río Loña








A poboación desta especie de orixe americano asentada na provincia de Ourense non deixa de medrar exponencialmente, se nos anos noventa o vison amenicano (Neovison vison) tan so se atopaba na conca do río Miño ata a Alongos (Toén) na actualidade a especie se atopa perfectamente distribuida por todo o tramo Ourensán do Miño ata Os Peares e en varios dos seus afluentes como o Barbaña ou o Loña, de onde proveñen as imaxes optidas o pasado verán, neste río da periferia urbana da cidade de Ourense, os visóns se mostran confiados, e acostrumbrados á presencia humana, tendo actividade diurna, a dieta esta composta maioritariamente por cangrexos de río americanos, moi abundantes neste río, e algunhas especies de peixes. Na provincia de Ourense a especie tamén pode atoparse na comarca da Limia, froito das soltas que no ano 2006 provocou o Frente de Liberación Animal en diversas granxas peleteiras.