COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Troglodytes troglodytes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Troglodytes troglodytes. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de agosto de 2014

Carriza nas areeiras de San Cristobo.

A carriza (Troglodytes troglodytes) é, co permiso das estreliñas (Regulus sp), un dos paxaros máis pequenos do país, frecuente en toda Galicia, está presente na maior parte do territorio da nosa provincia, aledando co seu potente canto as matogueiras onde contrúe o seu niño con musgo.

Na imaxe un exemplar da especie fotografado o pasado día 24 de maio de 2014 nas areeiras de San Cristobo (en Ribadavia). 



viernes, 25 de septiembre de 2009

Niño de carriza en Rairiz de Veiga




Perto do propio pobo de Rairiz de Veiga existe unha pequena lagoa temporal moi frecuentada por diversas especies de anfibios para a reproducción, nesta época do ano soe ficar xa seca. Esta charca está rodeada de salgueiros (Salix sp) sobre os que ruben as silvas (Rubus fructicosus) que rematan colgando das polas dos salgueiros ata case toca-la superficie da auga.

Nunha destas silvas, facendo un extrano equilibrio, fixo este ano o niño unha carriza (Troglodytes troglodytes), toda unha obra de exquisita inxeneria e arquitectura animal, para que poidamos disfrutar da morfoloxia do niño desta especie.

martes, 22 de septiembre de 2009

Carriza nas areeiras da Limia.


Parece en ocasións que no medio da mesta vexetación acuática das areeiras da Limia só poden vivir fulepas e outros paxaros similares dos ambientes palustres, pero facendo honra do seu nome, esta fin de semana sorprendeume unha carriza (Troglodytes troglodytes) alimentándose e movéndose coma peixe na auga, entre espadanas, carrizos e bións.

martes, 24 de marzo de 2009

Niño dunha carriza nunha fonte do século XVIII






Este é o niño que unha parella de carrizas (Troglodytes trglodytes) ben utilizando dende hay anos dentro dunha fonte do ano 1735 situada en Vilar de Santos, a denominada fonte da Cachalbura, as fotos do macho cantor foron optidas en Ourense neste mes de marzo de 2009, ademáistamén se mostra outro niño atopado tamén nunha fonte dun monte de Pereiro de Aguiar, parece que este é un sustrato no que as carrizas gustan para aniñar.