COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Calvos de Randín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calvos de Randín. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de noviembre de 2010

Cobra lagarteira europea: unha de cal e outra de area.

Por desgracia, esta imaxe que vos presento a continuación, é un feito moi frecuente, que aqueles que bicheamos polo monte galego, nos atopamos con moita frecuencia, o asasinato vil e impune, de réptiles ao longo e ancho da xeografía galaica.

A imaxe provén do concello de Calvos de Randín e amosa un exemplar de cobra lagarteira europea (Coronella austriaca) decapitado nunha estrada rodeada de explotacións gandeiras, a imaxe foi tomada o pasado día 23 de Outubro de 2010 na compaña de Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada.

Por sorte, e dentro da mesma xornada, pero xa en terreos do concello de Baltar, atopamos este exemplar vivo e coleando, ambos son exemplares xuveniles, probablemente nados este mesmo ano, ¿qué futuro lle agardará entón a este?, agardo sinceramente que non sexa acabar como o seu conxénere anterior.


miércoles, 10 de noviembre de 2010

Os gardafontes verdes novos e adultos.

Este é un macho adulto de gardafontes verde (Triturus marmoratus), atopado nunha poza do concello de Barbadás o pasado día 24 de Outubro de 2010, como vedes ten as características sexuais ben pronunciadas, como é a crista dorsal.




Os que seguen a continuación son exemplares xuveniles da mesma especie atopados o pasado día 24 de outubro de 2010 en terreos do concello de Calvos de Randín, na compaña de Anxos Romeu, Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada, observade que éstes posúen unha liña vertebral laranxa, característica común ás femias adultas dos gardafontes verdes.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Ras verdes por Ourense adiante!

Moitas veces falamos a través das páxinas deste blog da extraordinaria varierade cromática que a rá verde (Pelophylax perezi) ten en Ourense, voa prova deste feito son as fotografías que aquí vos presento.

Nelas aparecen exemplares atopados en diferentes puntos da provincia de Ourense durante as xornadas dos pasados días 23 e 24 de Outubro de 2010, na compaña dos colegas Rafa Vázquez, Xosé Ramón Reigada, Martiño Cabana, e Anxos Romeu.




Este exemplar foi atopado nun pozo do concello de Barbadás, este exemplar, habitan con outros conxéneres un pozo cerca de Piñor, como se aprecia na imaxe trátase dun exemplar de gran tamaño e tons "leopardinas", cunha forte pigmentación ventral.



Este exemplar, carente de liña vertebral clara e de tons uniformemente verde procede do pobo de O Freixo, pertencente ao concello de Cartelle, foi atopado nunha poza.


Por último este exemplar foi ataopado nunha veiga do concello de Calvos de Randín, nel observades unha rá verde ibérica típica, de cor verde botella e liña vertebral clara.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Sapiños comadróns na Baixa Limia.










Durante a xornada de "bicheo" compartida cos colegas Anxos Romeu, Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada o pasado día 23 de outubro de 2010, por diversos cncellos das bisbarras da Limia e A Baixa Limia, puidemos localizar varias e sans poboacións de sapiños comadróns (Alytes obstetricas), todo un luxo nos tempos que corren.

E digo luxo xa que o sapiño comadrón é unha das especies de anfibións que máis ten sufrido a regresión da súa área de distribución nos últimos tempos, feito xa comentado en post anteriores.

Nas imaxes apreciase perfectamente a pupila vertical deste anuro adaptado á vida nocturna, nalgunha das mesmas podedes ver que áinda teñen un pequeno rabo, esto indica que son metamórficos, o que quere dicir que acaban de rematar a metamorfose e aínda posúen certas características larvarias, como é este pequeno resto da cauda de cágado.

martes, 2 de noviembre de 2010

Sapo común en Calvos de Randín.





Este precioso exemplar de sapo común ou cunqueiro (Bufo bufo) foi atopado baixo pedra en terreos do concello de Calvos de Randín, pertencente á bisbarra ourensá da Baixa Limia, o pasado día 23 de outubro de 2010, na compaña de Anxos Romeu, Martiño Cabana, Xosé Ramón Reigada e Rafa Vázquez.

É unha tranquilidade podermos amosar un exemplar vivo desta especie, xa que si de algo me decatei nas ultimas expedicións é que o sapo común é un dos anfibios que máis atropelos sofre por parte do tráfico rodado.

¿cal podería ser a solución máis efectiva para este feito?

martes, 6 de abril de 2010

Lagarto das silvas na Baixa Limia







O pasado día 1 de abril de 2010, na compaña de Rafa Vázquez, Martiño Cabana e Anxos Romeu localizamos este macho de lagarto das silvas (Lacerta schereiberi).

O exemplar en cuestión foi atopado en terreos portugueses a carón do encoro de Salas, aínda que a escasos metros da fronteira co concello de Calvos de Randín.

O lagarto das silvas, coñecido en castelán como lagarto verdinegro, é un réptil endémico da Península Ibérica, e pode tratarse dunha especie ameazada polo cambio climático debido á sua dependencia de medios atlánticos húmidos, sobre todo naqueles lugares onde a especie presenta unha distridución fragmentada ou incluso relicta.

Verborreas aparte, é sin dúbida, unha das nosas especies de réptiles máis belas, que merece a pena ver, e que é necesario seguir vendo.

lunes, 24 de agosto de 2009

A boga un peixe ourensán.




Esta fin de semana un colega meu foi de pesca ao encoro de Salas e trouxo bogas (Chondrostoma duriense) así que aproveitei para sacarlle unhas fotiños e amosarvos esta especie de peixe endémica do Noroeste da Península Ibérica.

A boga está estendida por tódolos ríos da provincia, sendo un peixe moi frecuente.