COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Alytes obstetricans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alytes obstetricans. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de septiembre de 2014

Sapiño comadrón en Ourense.

O sapiño comadrón (Alytes obstetricans) é, por sorte, unha especie aínda frecuente na nosa provincia. Ao contrario que noutras zonas de Galicia e de España, onde as súas poboacións teñen mermado considerablemente, mesmo con extincións locais, debido á alteracións do seu hábitat, á introducción de especies alóctonas depredadoras, e a unha sorte de epidemia que os anfibios veñen sufrindo nas derradeiras decadas.

No Noroeste ibérico habita unha raza ou subespecie propia, o Alytes obstetricans boscai, que é á que pertence o exemplar que se mostra nas imaxes. Este exemplar foi rescatado dunha piscina privada en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), lugar onde caera e do que non podía escapar polos seus propios medios. Despois de afotalo, o exemplar foi trasladado a unha charca natural situada nas proximidades san e salvo, o pasado día 16 de xuño de 2014.








sábado, 12 de octubre de 2013

Pequeno metamórfico de sapiño comadrón en Punxín.

Coas chuvias de hai uns días, prodúxose unha pequena surxencia de metamórficos de sapiño comadrón ou sapo coucho (Alytes obstetricans) nas proximidades da cunca do río Barbantiño no concello ourensán de Punxín. Debido ao seu pequeno tamaño e ás súas cores discretas pasan fácilmente desapercibidos, polo que corren un serio risco de ser pisoteados e atropelados incluso polos máis amantes da natureza, así que perante ao próximo pronóstico de chouvas de cara á vindeira semana, tende cuidadiño cando vaiades ao campo.






martes, 22 de marzo de 2011

O coucho, un nome ourensán para Alytes obstetricans






Nalgunha ocasión temos falado do sapiño comadrón (Alytes obstetricans) como unha especie frecuente na provincia de Ourense, feito que contrasta coa situación que atravesa esta mesma especie noutros puntos do país.

O sapiño comadrón, denominado en castelás sapo partero e en português sapo-parteiro, reciva este nome polo curioso comportamento reproductivo da especie, común ao resto de especies integrantes do xénero, catro en total en España.

Trátase dunha especie de hábitos eminentemente terrestres, que copula e fertiliza os ovos en terra, ao contrario que a maioría de especies de anfibios anuros presentes na Galiza. Unha vez realizada a fertilización dos ovos é o macho o que carga ca posta nas patas traseiras, onde completarán o seu desenrolo embrionario ata que emerxan dos ovos os cágados (renacuajos), momento no que sarán depositados na auga.

Nunha das imaxes que acompañan o presente post podedes apreciar un macho desta especie portando os ovos, fotografado na Depresión de Ourense en xornadas pasadas.

É esta e non outra a razón pola que a especie recive o nome de sapiño comadrón ou parteiro, sen embargo, recentemente, foi recollido un nome vernáculo propiamente ourensán para esta especie. O nome en cuestión foi recollido no concello de A Peroxa, situado no NO da provincia, e foi sinalado por un agricultor da zona de forma inequívoca á especie. Segundo este home, "os couchos" eran frecuentemente atopados portando as postas no inicio de certas tarefas agrícolas, como a sacha, que coincide no tempo co inicio da época reproductora da especie.

Temos polo tanto un novo nome para a especie, coucho, ou sapiño coucho se o preferides, coma maneira intensamente ourensá para referirse ao nome latino de Alytes.

viernes, 18 de marzo de 2011

Sapiño comadrón, 2ª parte.






Como vos dixen hai tan só un intre, esta será a segunda entrega do sapo comadrón, haberá máis, pero por hoxe creo que será suficiente, que tampouco vos quero facer tolear esta noite.

O sapiño comadrón (Alytes obstetricans) é unha especie aínda abondosa na Depresión ourensá, esa xa nomeada Capital herpetolóxica da Galiza, proba desa abundancia son as fotos qu vos mostro con este post. Na próxima entrega falaremos paseniño do nome común da especie, pero hoxe non toca...

O sapiño comadrón móstrase amplamente distribuido non só na Depresión ourensá, senón que aparece por toda a provincia, sendo en ocasións máis fácil de escoitar que de ver. As vocalizacións da especie, consistentes nun puu, puuu, escoitánse con facilidade nos nosos campos, e aseméllánse moito ao reclamo dunha ave, o bufiño asubíador (Otus scops), unha pequena ave rapaz nocturna, e migratoria, tamén frecuente na Depresión de Ourense.


Sapiño comadrón urbán.







"A burla e o ridículo son, entre tódalas inxurias, as que menos se perdoan"- Platón (427 a. C.- 347 a. C)- Filósofo grego.

Olá rapaces! seguro que xa vos estaba a extranar que o ourensán non publicara hoxe, pois sí estades no certo hoxe toca o sapo comadrón (Alytes obstetricans), desta volta van a ser dous post, xa vos daredes conta por que enseguida.

O sapo comadrón é un anfibio común na Depresión Ourensá, e quizais a nosa provincia sexa o reservorio galaico para a especie.

Este que vos presento foi atopado nun entorno extremadamente urbán da cidade de Ourense, concretamente baixo unha das numerosas pontes que cruzan o río Miño.

A fisionomía particular deste becho fíxome pensar que era outra especie, aínda que un análise a posteriori e detallado das imaxes que aquí vos presento fíxome desvotar esa posibilidade.

Xa vedes, todos cometemos erros, incluso o tolo de Ourense!

jueves, 10 de marzo de 2011

Entroido herpetolóxico: 2ª parada Ourense, capital herpetolóxica da Galiza.


















"É moito máis sinxelo quedar ben como amante que como marido; por que é moito máis fácil ser oportuno e inxenioso de vez en cando que tódolos días"- Honoré de Balzac (1799-1850)- Novelista francés.

A Depresión Ourensá é sin dúbida algunha un dos puntos quentes da herpetofauna galaica, superado tan só polo Val do Támega, situado tamén na provincia de Ourense. Aproveitando este feito dispuxémonos eu e máis a miña parella, David, a facer un roteiro herpetolóxico na tarde do pasado martes de Entroido, día 8 de marzo de 2011. Para tal fin escollemos unha zona do Norte do concello de Ourense, especialmente rica en herpetofauna.

A pesar de que o calor acaba de comenzar, e até fai pouco estabamos inmersos en intensas xeadas, os bichos deron a talla e puidemos albiscar multitude de rairos, nome ourensán para designar ao sapo corriqueiro (Bufo calamita), lagartiñas dos penedos (Podarcis hispanica), sapiños comadróns (Alytes obstetricans), lagartiñas rabudas (Psammodromus algirus), e un escáncer tridáctilo (Chalcides striatus) tímido, que non se deixou fotografar.

Dende logo é para mín unha novidade topar alguén ca paciencia suficiente de aturarme tamén no campo, algo que valoro especialmente!

lunes, 13 de diciembre de 2010

Sapiño comadrón no Riós.



"A veces de noite, encendo a luz para non ver a miña propia escuridade"-Antonio Porchia (1885-1968)-Poeta arxentino.

Estas pasadas noites de chuvia amosáronse moi productivas para a prospección de anfibios nas estradas aurensás, pondo de manifesto, unha vez máis, a extrema fraxilidade das mesmas fronte ao tráfico das mesmas.

Desta volta amósovos un sapiño comadrón (Alytes obstetricas) atopado, e salvado, nunha estrada do concello do Riós a noite do día 7 de decembro de 2010, na compaña dos colegas Anxos Romeu, Martiño Cabana e Xosé Ramón Reigada.

Sorprendentemente, o sapiño comadrón parece ter na provincia de Ourense, a tenor dos datos acumulados, a súa mellor poboación galaica, e eu pregúntome ¿durante canto tempo?.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Amizade anfibia.


A palabra "anfibio" é de orixe grego, e ven a significar "que ten unha dobre vida", ou o que é o mesmo, que se atopa entre dous mundos. Esta definición encaixa perfectamente cas características dos anfibios, xa que a súa vida se atopa a medio camiño entre a auga e a terra.

Os anfibios teñen duas etapas na súa vida. A maioría dos anfibios inician a súa vida na auga, en forma de larvas (cágados). Cando as crías rematan de desenrolarse, é dicir completan a metamorfose, tamén na maioría dos casos, poderán vivir tanto na terra como na auga, estando ligados especialmente ao medio acuático durante a época reproductora.

O pasado día 11 de novembro de 2010, a miña colega Tania Fernandez da Cunha e máis eu fixemos unha curta pero intensa saída herpetolóxica polos arredores da cidade de Ourense. Esta saída obedecía á clara intención de vencer o medo ou repulsión que os hérpetos lle producían á miña amiga.






Así, pouco a pouco as especies foron aparecendo, gardafontes ibérico (Lissotriton boscai), rá dos regos (Rana iberica), sapo común (Bufo bufo), ra verde (Pelophylax perezi), sapiño comadrón (Alytes obstetricans), ra da veiga (Discoglossus galganoi), unha chea de bichiños que co seu doce caracter, fixeron a Tania esquecer, dunha vez por todas a súa fobia herpetolóxica.











Como vedes, ás veces, dous amigos separados por distancias que parecen insalvables, poden tender pontes entre dous mundos, incompatibles, para chegar a unilos dunha forma anfibia, e conquerir o equilibrio desexado, e poucas veces intentado.


Dende aquí quixera felicitar a Tania por encarar con valentía os seus medos, "tendendo pontes", hacia un mundo que lle era alleo e case hostil, demostrando non só unha extrema sensibilidade, senón tamén asertibidade hacia os nosos benqueridos anfibios.