Exemplar adulto de píntega común (Salamandra salamandra) atopado no monte de Toén o día 26 de agosto de 2009, nelas podedes apreciar as características propias da subespecie "gallaica", que é a que habita a provincia de Ourense.
COLEGAS
miércoles, 30 de septiembre de 2009
Sapo cunqueiro en Ourense.
martes, 29 de septiembre de 2009
Morcego das ribeiras en Ourense.
O morcego das ribeiras (Myotis daubentoni) é unha especie de quiróptero frecuente nos cauces dos ríos de Ourense, aínda que as referencias de refuxios de cría son escasas.
Estas fotografías amosan un exemplar capturando insectos a plena luz do día no río Miño ao seu paso por Ourense o día 15 de febreiro de 2009.
Estas fotografías amosan un exemplar capturando insectos a plena luz do día no río Miño ao seu paso por Ourense o día 15 de febreiro de 2009.
lunes, 28 de septiembre de 2009
Escancer novo morto en Ourense.
Este exemplar de escancer común (Anguis fragilis), foi atopado durante a visita de Martiño Cabana e Anxos ao barrio de O 21.
Este pequecho atopou a morte ao caer dentro dunha alcantarilla hormigonada con paredes verticais, da que non puido sair, e na que se deshidratou, un novo problema ao que a fauna ourensá se debe enfrentar.
Os sapos morren atropelados en Ourense.
Un dos principais problemas ecolóxicos da provincia, nestes días, é a morte de multitude de sapos cunqueiros (Bufo bufo) pola incidencia do tráfico rodado (motorizado ou non),.Despois da estiaxe a especie esperte e cruza camiños e estradas, perecendo baixo as rodas de toda clase de vehículos, incluso bicicletas.
A primeira fotografía mostra un exemplar desta especie atopado nunha estrada de Allariz, a segunda fotografía amosa outro exemplar da mesma especie atopado no paseo que rodea o encoro de Cachamuiña (Pereiro de Aguiar).

Cacho no río Arnoia
O cacho (Squalius carolitertii) é un peixe frecuente e ben distribuido polos ríos da provincia, e é unha das especies que se viu afectada polo verquido tóxico ao río Barbaña o pasado mes de xullo.
Esta fotografía amosa un pequeno exemplar atopado agonizando á beira do río Arnoia en Allariz, a man é de Martiño Cabana.
Esta fotografía amosa un pequeno exemplar atopado agonizando á beira do río Arnoia en Allariz, a man é de Martiño Cabana.
Largartixa galega en Santa Mariña de Augas Santas
Ladra ou lasca (Tarentola mauritanica) en Ourense.
Ladra ou lasca é o nome co que na comarca de Verín se coñece a Tarentola mauritanica (Ver: www.verinnatural.blogspot.com/search/label/Nomes vernáculos ), quizáis o único punto de Galicia onde esta especie é un réptil autóctono, xa que a coincidencia da distribución desta especie ca vía do tren, tense interpretado como unha traslocación e posterior establecimento, das poboacións residentes en Galicia.
A ladra é un réptil de distribución limitada na provincia de Ourense ás comarcas de Verín, Ourense e Valdeorras, mantendo incluso dentro desas comarcas unha distribución restrinxida a certos puntos e moi localizada.
Dentro da comarca de Ourense a especie só ten sido atopada na zona Norte do núcleo urbán da cidade, dende a estación de feracorril ata o barrio de o 21, esta particular distribución metropolitana parece confirmar a hipótese da traslocación de afectivos a causa do tráfico ferroviario de mercadorías.
Esta fin de semán Ourense recibiu a visita do herpetólogo lucense Martiño Cabana e a súa moza, Anxos, cos que tiven o pracer de "bichear", parte dos resultados optidos son estas fotografías da especie optidas o día 27 de setembro de 2009, nelas podedes observar un exemplar novo, un xuvenil, localizado no barrio do 21, o dedo é o de Anxos, para que vexades o grande que éra o becho.

viernes, 25 de septiembre de 2009
Niño de carriza en Rairiz de Veiga
Perto do propio pobo de Rairiz de Veiga existe unha pequena lagoa temporal moi frecuentada por diversas especies de anfibios para a reproducción, nesta época do ano soe ficar xa seca. Esta charca está rodeada de salgueiros (Salix sp) sobre os que ruben as silvas (Rubus fructicosus) que rematan colgando das polas dos salgueiros ata case toca-la superficie da auga.
Nunha destas silvas, facendo un extrano equilibrio, fixo este ano o niño unha carriza (Troglodytes troglodytes), toda unha obra de exquisita inxeneria e arquitectura animal, para que poidamos disfrutar da morfoloxia do niño desta especie.

jueves, 24 de septiembre de 2009
Picanzo real en Vilar de Santos
Chasco rubio en Vilar de Santos
Fotografías dun chasco rubio (Saxicola rubetra) nunha leira de trigo recentemente segada perto do pobo de O Mosqueiro (Vilar de Santos) na bisbarra da Limia, o día 20 de setembro de 2009.
A pesar de que na Limia exeiste unha pequena poboación nidificante de chasco rubio, este exemplar debe tratarse de un migrante, xa que aparece asociado a un pequeno vando de lavandeiras amarelas (Motacilla flava), e esta especie non nidifica nas cercanías do pobo, anque si noutros puntos da Limia.

miércoles, 23 de septiembre de 2009
Peneireiro común en Rairiz de Veiga.
Fotografías dun peneireiro común (Falco tinnunculus), feitas perto de Rairiz de Veiga (A Limia), o día 20 de setembro de 2009, nelas pode apreciarse como o exemplar en cuestión, fai honra do seu nome, peneirando sobre unhas leiras recolleitadas recentemente, en busca de alimento.
O peneireiro é un tipo de falcón de pequeno tamaño, relativamente frecuente en Ourense como nidificante.
O peneireiro é un tipo de falcón de pequeno tamaño, relativamente frecuente en Ourense como nidificante.
Papuxa picafollas na Limia
A pesar de que existe en Ourense unha pequena poboación de papuxa picafollas (Sylvis borin) nidificante e estival, é nestes días de paso migratorio, cando esta especie é máis facilmente localizable, este exemplar estaba en terreos do concello de Vilar de Santos, perto do pobo de O Mosqueiro, o día 20 de setembro de 2009.
martes, 22 de septiembre de 2009
Pilros pequeno e común na Limia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)