COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Circus pygargus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Circus pygargus. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de enero de 2013

Rapina cinsenta na serra de Queixa.

A rapina cinsenta (Circus pygargus) é unha ave raz de tamaño medio relativamente frecuente na provincia de Ourense, nos puntos axeitados. Depende, a excepción da bisbarra da Limia onde nidifica en cultivos de cereal, das áreal de mato da media e alta montaña ourensá, coma as toxeiras, queirugais e xesteiras.

Na serras que compoñen o macizo central ourensán, é un hábitat frecuente, polo que a especie pode observarse con relativa facilidade. Trátase dunha especie estival que acude en primavera á nosa provincia para criar.

As imaxes que acompañan esta entrada foron obtidas o pasado día 14 de setembro de 2012 na serra de Queixa, en terreos do concello de Chandrexa de Queixa.








Nelas podedes observar un exemplar novo pousado e en voo de expedición retratado a unha considerable distancia do observador.

viernes, 8 de octubre de 2010

Congreso do Grupo Ibérico de Aguiluchos en Allariz.


XI Congreso do Grupo Ibérico de Aguiluchos (GIA) organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).

Dende a SGO e o GIA estase a organizar o congreso Circus, que terá lugar do 15 ao 17 de outubro no concello de Allariz, Ourense. Podedes consultar as derradeiras novas no blog: http://www.congresogiagalicia2010.blogspot.com

Asemade podedes consulta-lo programa do congreso e as ponencias no seguinte enlazamento:

http://www.sgosgo.org/archivos/CongresoAllariz.pdf

miércoles, 7 de abril de 2010

Trataraña cincenta en Baños de Molgas.














O pasado día 2 de abril de 2010 na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana, pudemos localizar duas parellas de tartaraña cincenta (Circus pygargus) perto do Monte Medo, entre elas había un macho de tendencia melánica (moi escuro).

Ambas parellas parecían estar impersas nalgún tipo de cortexo nupcial, con constantes picados e pousándose frecuentemente nos pastizais circumdantes.

martes, 11 de agosto de 2009

Tartaraña cincenta na Limia






Diferentes fotografias de tartarañas cincentas (Circus pygargus) optidas os días 8 e 9 de agosto de 2009 en diferentes puntos do concello de Vilar de Santos, podedes observar algún caso de melanismo, fenómeno habitual na poboación limiá desta rapaz que chega a alcanzar o 30% dos exemplares obserbados na comarca.