COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Suidos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Suidos. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2013

Cráneo de xabarín en Punxín.

O xabarín (Sus scrofa), pasa por ser un dos nosos artiodáctilos máis abondosos e mellor distribuidos. En parte pola ausencia de depredadores eficaces que controlen as súas poboacións, e tamén polo progresivo abandono do medio rural que fixo aumentar exponencialmente o seu hábitat potencial.

O xabarín ou porco bravo non é un animal exento de polémica, o aumento progresivo das súas poboacións provocou tamén o progresivo aumento dos danos que a especie causa o agro galego. Asemade tamén se produxo un aumento da incidencia dos accidentes de tráfico por atropelos nas estradas galegas. 

Estes feitos produciron na sociedade ourensá, e tamén no resto de Galicia, unha demonización da especie. Cando a raiz do problema en sí mesmo non se atopa na propia especie, senón no home. Foi o home o que perseguiu até a mesma extinción á maioría dos grandes depredadores desta terra. Foi o home, coa súa peculiar política económica o que afogou a economía do rural galego, obrigando aos seus habitantes a emigrar, e é o home o que constrúe estradas sen pasos eficaces para a fauna que minimicen os efectos das poboacións de grandes mamíferos sobre o tráfico rodado.

Sen embargo a demonización da especie non sempre foi tal, unhos parentes prehistóricos nosos, os homes de Neanthertal, parece que se asentaron no Val do Miño ourensá, tiñan por costume entarrar aos seus conxéneres cunha mandíbula de xabarín.

Con posterioridade, a cultura castrexa, xunto coa céltica doutros puntos do continente, tamén adoptou ao xabarín como animal totémico. E o mesmo Hércules, heroe e semideus clásico, tivo que dar caza a un xabarín dentro das súas máis que coñecidas "tarefas".

O xabarín foi entón un signo de forza, de valentía de de carácter, que aínda hoxe caracterizan á especie, como unha especie de éxito capaz de adaptarse como poucas aos novos tempos.








Na imaxe un cráneo de xabarín atopado a carón do río Barbantiño o pasado día 2 de febreiro de 2012, en terreos do concello de Punxín.


miércoles, 15 de diciembre de 2010

Pegadas de xabarín na neve: Chega o inverno.



"Santa Lucía, neve na pía; si non é ese será outro día"- Refraneiro popular galego.

Parece que os partes metereolóxicos nos indican que nas próximas xornadas imos a pasar moito frío. Onte deixeivos unha imaxe outonal da rá dos regos, desta volta, deixovos unha imaxe moito máis invernal, a dunhas pegadas de xabarín (Sus scrofa) na neve caída en pasadas semanas no Macizo Central Ourensán.

A imaxe foi obtida en Prado Albar, un fermoso pobo do concello de Vilariño de Conso o pasado día 7 de decembro de 2010, na compaña de Anxos Romeu e Martiño Cabana.

lunes, 11 de octubre de 2010

Xabaríns presos en Verea.






O pasado día 3 de outubro de 2010 atopamos na compaña de Vituca e Rafa Vázquez, en terreos do concello celanovés de Verea, unha piara de xabaríns (Sus scrofa) mantida en catividade nun cercado.

Dende as páxinas deste blog queremos subliñar o feito de que a cría ou mantemento de xabaríns en catividade é un feito penado pola lei e polo tanto ILEGAL.

Todos sabemos que o xabarín, xunto co lobo, é un dos nosos animais máis polémicos, o feito de crialos en catividade representa un risco de cara a conservación para a especie, por que se eses animais escaparan, terían os seus instintos mermados, e unha certa tendencia de achegarse ao home, na procura de alimento.

Estas imaxes serven de testemuña de que NON SON OS DA XUNTA OS QUE SOLTAN XABARÍNS nos montes galegos con escuras intencións, "os da Xunta" tampouco soltan lobos ou corzos, e moito menos lanzan cobras dende helicópteros, por si alguén a estas alturas o dubidase aínda.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Mandíbula de xabarín en Vilar de Santos





Óso da mandíbula inferior dun xabarín atopada nun monte do concello limiao de Vilar de Santos, o día 11 de outubro de 2009, quizáis un macho polas prominentes navallas que a especie usa para a súa defensa.