COLEGAS

domingo, 3 de febrero de 2013

Cráneo de xabarín en Punxín.

O xabarín (Sus scrofa), pasa por ser un dos nosos artiodáctilos máis abondosos e mellor distribuidos. En parte pola ausencia de depredadores eficaces que controlen as súas poboacións, e tamén polo progresivo abandono do medio rural que fixo aumentar exponencialmente o seu hábitat potencial.

O xabarín ou porco bravo non é un animal exento de polémica, o aumento progresivo das súas poboacións provocou tamén o progresivo aumento dos danos que a especie causa o agro galego. Asemade tamén se produxo un aumento da incidencia dos accidentes de tráfico por atropelos nas estradas galegas. 

Estes feitos produciron na sociedade ourensá, e tamén no resto de Galicia, unha demonización da especie. Cando a raiz do problema en sí mesmo non se atopa na propia especie, senón no home. Foi o home o que perseguiu até a mesma extinción á maioría dos grandes depredadores desta terra. Foi o home, coa súa peculiar política económica o que afogou a economía do rural galego, obrigando aos seus habitantes a emigrar, e é o home o que constrúe estradas sen pasos eficaces para a fauna que minimicen os efectos das poboacións de grandes mamíferos sobre o tráfico rodado.

Sen embargo a demonización da especie non sempre foi tal, unhos parentes prehistóricos nosos, os homes de Neanthertal, parece que se asentaron no Val do Miño ourensá, tiñan por costume entarrar aos seus conxéneres cunha mandíbula de xabarín.

Con posterioridade, a cultura castrexa, xunto coa céltica doutros puntos do continente, tamén adoptou ao xabarín como animal totémico. E o mesmo Hércules, heroe e semideus clásico, tivo que dar caza a un xabarín dentro das súas máis que coñecidas "tarefas".

O xabarín foi entón un signo de forza, de valentía de de carácter, que aínda hoxe caracterizan á especie, como unha especie de éxito capaz de adaptarse como poucas aos novos tempos.








Na imaxe un cráneo de xabarín atopado a carón do río Barbantiño o pasado día 2 de febreiro de 2012, en terreos do concello de Punxín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario