Xa sabedes que o pasado día 9 de febreiro andiven por Olelas, un curioso pobo do concello de Entrimo, situado na bisbarra da Baixa Limia.
Si unha cousa caracteriza a Olelas, e a unha gran parte da bisbarra da Baixa Limia, é a abundancia de auga, debido a alta tasa de precipitación que presenta a zona, das máis altas da provincia. Ese feito permite a presenza dun curioso anfibio, a píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), sen embargo a píntega aínda que apareceu, non se deixou fotografar.
O que si detectamos desta volta foi a presencia duns dos anfibios máis abondosos da provincia, a rá verde ibérica (Pelophylax perezi). Trátase dun anfibio anuro, cuiosbaixos requerimentos ecolóxicos fan prácticamente omnipresente en cursos e masasa de auga doce de toda a provincia, incluso naqueles contaminados, como pode ser o río Barbaña en Ourense. En olelas, cruzada por numerosos regatos de augas prístinas, esta especie endémica da Península, aparece incluso nos treitos de maior caudal e máis altitude da zona, ocupando un niño máis propio de outras especie que da propia ra verde. Curiosos son os bichos en ocasións...
No hay comentarios:
Publicar un comentario