Quedábame por facer a valoración do festexo do día internbacional dosa humidais. A aceptación foi boa, e os participantes da xornada foron realmente excepcionais. Mostrando en todo momento un gran interese polo desenrrolo da actividade, con curiosidade e moito respeto. Este feito, unido a que eu levaba moito tempo sen facer nada similar, fixo que non parase de falar e me esquecera da cámara, polo que fixen moi poucas fotos, tan só tres...
A andaina comezou na Aula da Natureza do río Miño, collendo camiño cara a desembocadura do río Loña cruzando pola pasarela de recente construcción. Como o tema de este ano versaba na xestión da auga e dos humidais, fixemos fincapé na construcción das presas e o grave obstáculo que supoñen para a migración de certas especies de peixes. Asemade fomos identificando as diferentes especies invasoras, principalmente vexetais, que se presentan na ribeira de ámbolos ríos.
Chegados ao Loña, puidemos observar varias especies de aves, principalmente forestais, e un martiño peixeiro (Alcedo atthis), ademáis de algún peto, anduriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), e un par de buxatos (Buteo buteo). Tamén detectamos a presencia de captacións ilegais de augas no cauce do Loña, e algún verquido.
Chegados a Mende detectamo-la presenza de varios rastros de animais, pegadas e fozadas de xabarín (Sus scrofa) un paso de fauna e piñas comidas por esquíos (Sciurus vulgaris): A detección do paso de fauna, como un carreiro polo que os animais soen pasar, serviunos coma escusa para falar da incidencia dos atropelos de mamíferos nas estradas e a ausecciá de paso para fauna que eviten accidentes e atropelos nas grandes infraestruccturas viarias da provincia.
Xa de volta falamos da antiga existencia de lagoas no barrio ourensán de "As Lagoas" e a destrucción das mesmas durante o proceso de urbanización do mesmo. Neste barrio remataba a andaina, pero antes de abandonar a actividade, visitamo´la sobreira de as lagoas, unha árbore senlleira de 500 anos de idade que correu o perigo de ser talada e que se salvou grazas á oposición veciñal. Para rematar abrazámola árbore para demostrarlle o gran cariño dos asistentes.
Rematada a actividade fun dar unha volta para refexionar sobre a xornada, camiñando cheguei ao colexio das Eiroás, pertencente ao C.P. Virxe de Covadonga onde cursei os meus estudos primarios, cal sería a miña sorpresa ao decatarme de que na porta había un cartaz anunciando a actividade que viña de rematar, confésovos que foi unha reacción ben curiosa e emocionante ver o meu nome na porta do colexio...
Por último quixera agradecer a asistencia a tódolos presentes así como a paciencia en aguartarme o rollo, que sei que ás veces me poño pesado, gardo sinceramente que este sexa o comezo dunha chea de actividades semellantes.
A min quedoume pena de non poder ir, a ver se noutra ocasión.
ResponderEliminarMoi boas Inés, ben seguro que pronto faremos outras actividades, a ver si desa volta te podes anotar.
ResponderEliminarUn saúdo.