COLEGAS

miércoles, 27 de febrero de 2013

A gralla pequena, a ave do ano 2013.

A Sociedade Galega de Ornitoloxía ven de elixi-la gralla pequena (Corvus monedula) como a "Ave do ano" para o presente 2013. Dito galardón é unha escolleita habitual nas asociaciópns ecoloxistas para chamala atención sobre a situación dunha especie en concreto, ben sexa pola súa escaseza, por que se veña detectando unha acusada diminución nas súas poboacións, ou por que sexa unha especie pouco coñecida no ámbito territorial desa asociación.

A gralla pequena ou corvo cereixeiro, é unha pequena especie de córvido de hábitos rupícolas e urbanos. En Ourense pode chegar a ser localmente frecuente, pero non parece que estexa especiealmente extendida, tendo sufrido extincións locais nos derradeiros anos, como parece ter acontecido en Montederramo.

Na actualidade a especie mantén poboacións de interese na bisbarra de Monterrei, na Limia (principalmente nas áreas cercanas á vila de Xinzo de Limia), en Valdeorras (no Parque Natural da serra da Enciña da Lastra). Ademáis nos derradeiros tempos ten aparecido na área metropolitana ourensá (capital da provincia) un pequeno continxente de exemplares que ten chegado a críar (1 parella polo menos hai uns anos) e que fai expedicións por concellos da veciñanza.



Nas imaxes unhas cantas grallas pequenas nunha área agrícola e gandeira do concello limiao de Sandiás fotografadas o pasado día 17 de febreiro de 2013.

2 comentarios:

  1. Interesante artigo sobre a situación da especie na provincia, Alberto. Sempre aprendendo cousas contigo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Quique, sería interesante que cada un aporte o que sabe a través dos medios ao seu alcance, seguro que ao longo diste ano a SGO pon en marcha algunha iniciativa para participar, un sáudo!

    ResponderEliminar