COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta rhinechis scalaris. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rhinechis scalaris. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de junio de 2015

Serpe riscada en Monterrei.

Como xa dixemos en outras ocasións, o Val do Támega pasa por ser a zona herpetolóxica por escelencia da Galiza, unha bisbarra que agacha amaior concentración de especies de anfibios e réptiles da nosa nazón.

Unha das especies que forman parte da comunidade herpetolóxica do Val do Támega é a serpe riscada ou de escada (Rhinechis scalaris). Un ofidio de tamaño medio e carácter mediterráneo que debe o seu nome ás súas características cromáticas segundo a idade do animal que estexamos a observar. O nome de serpe riscada debémosllo ás características cromáticas dos exemplares adultos, como o das imaxes, que posúen tonos pardos xeneralizados con dúas riscas escuras lonxitudinais e paralelas ao longo do corpo. O nome de serpe de escada ou escaleira ven dado polas características dos exemplares xuveniles e subadultos, que posúen riscas paralelas transversais ás riscas dos adultos, que foman un debuxo similar a unha escada de man. 

Nas imaxes podedes observar un exemplar pertencente a esta especie atopado o pasado día 23 de xuño de 2015 en terreos pertencentes ao concello de Monterrei, situado en plano corazón do Val do Támega. Os ollos esbrancuxados que lle confiren a este animal un certo aspecto pantasmal, son debidos a que o exemplar en cuestión atópase en pleno proceso de muda.

A serpe riscada ten unha distribución máis ou menos xeneralizada na provincia de Ourense, sendo un ofidio frecuente, especialmente nas bisbarras de maios influenza mediterránea. Serpe de caracter, trátase dun reptil totalmente inofensivo para o ser humano, e especialmente beneficioso para agricultura, xa que se alimenta principalmente de roedores e outros micromamíferos. Razón pola cal tamén é coñecia co nome de cobra rateira.





viernes, 29 de agosto de 2014

Serpe de escada, unha pequena beleza.

Son moitas as persoas que sinten repulsión de cara aos ofidios, sen embargo a gran maioría das especies do país son totalmente inofensivas para o ser humano, e ao mesmo tempo, son de gran utilidade para o agro en xeral, debido ao gran número de roedores que consumen.

Unha das nosas especies de ofidio máis fermosas é a serpe de escada (Rhimechis scalaris), que debe o seu nome á librea cromática que presentan os exemplares novos da especie, que se asemella a unha escaleira de man, coa chegada da idade adulta, esta librea transformarase en duas liñas paralelas e lonxitudinais ao longo do corpo.

Nas imaxes veredes un xuvenil desta especie coa librea característica que vos comento, atopado o pasado día 10 de abril de 2014 nas cercanías do río Barbantiño en Punxín.









miércoles, 10 de noviembre de 2010

Atropelos de xuveniles de serpe de escada en Castrelo de Miño.




O pasado día 24 de outubro de 2010, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez, e este que vos escribe, atopamos nunha estrada do concello de Castrelo de Miño dous xuveniles de serpe de escada (Rhinechis scalaris), mortos a causa do atropelo por parte do tráfico da zona.

A serpe de escada recive esta denominación precisamente polo diseño cromático dos exemplares novos, dito diseño consiste nunhas bandas paraleas, curtas e consecutivas e transversais no lombo do animal, o que lle da un aspecto de escada de man, este diseño vaise trocando co paso do tempo ata adquirir a idade adulta.

O diseño dos adultos, que xa vos teño mostrado neste mesmo blog en varias ocasións, consiste en duas bandas lonxitudinais e paralelas dende a cabeza ata a cola, razón pola cal tamén é coñecida co nome de serpe riscada.

martes, 6 de julio de 2010

Serpe riscada no Bolo.







Os ofidios reciven en galego os nomes de serpe ou cobra, sin que esto signifique que garden algún tipo de parentesco cas temibles e velenosas cobras africanas e asiáticas, a que tedes na imaxe é un exemplar de serpe riscada ou de escada (Rhinechis scalaris), un réptil frecuente na nosa provincia.

Esta serpe riscada foi atopada en terras do concello de O Bolo o pasado día 3 de xullo de 2010 na compaña de Anxos Romeo, Rafa Vazquez e Martiño Cabana.

miércoles, 5 de agosto de 2009

Outra serpe de escada en Ourense






Hoxe día 5 de agosto de 2009 apareceu outra serpe de escada (Rhinechis scalaris), durante o transcurso das actividades organizadas para cativos polo concello de Ourense na Aula da Natureza do río Miño en Oira (nas cales participo como monitor), o exemplar en cuestión é un xuvenil, que apareceu morto quizáis pola acción dalgún depredador xa que o animal está enteiro ta só se aprecian unhas marcas como de gadoupas nos costados, polo que quizáis algunha ave rapaz perdeu a presa polo camiño.

Nestas fotografías poderedes apreciar o por qué do seu nome, xa que os xuvenís posúen unhas manchas nas costas que se asemellan a unha escada de man, durante a idade adulta os travesos da serpe desaparecen para quedar un par de liñas paralelas o longo do corpo.

miércoles, 22 de julio de 2009

Serpe riscada na cidade de Ourense




Onte martes 21 de xullo de 2009 foi atropelado á noitiña por un autobús urbán na Avda. de Bos Aires da cidade de Ourense un exemplar adulto de serpe riscada (Rhinechis scalaris), o exemplar en cuestión frecuentaba o inicio da rúa do Cuco, o atropelo desta serpe supuxo un gran acontecimento para a veciñanza xa que a serpe, de case un metro vinte centímetros, aínda se movía despois do accidente.

A noticia con algunha destas fotos (que son miñas..) foi publicada por varios xornais, entre eles por La Región, (podedes ver a noticia pinchando o seguinte enlace). www.laregion.es/noticia/97820/ourense/serpiente/escalera/avenida/buenos/aires/

miércoles, 18 de marzo de 2009

Cobra riscada atopada no Parque Natural de A Baixa Limia -Serra do Xurés




Exemplar xuvenil de cobra riscada (Elaphe scalaris) atopada morta por atropelo nunha estrada do concello de Muiños dentro do territorio do parque natural de A Baixa Limia-Serra do Xurés o día 16 de Agosto de 2008.