COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Lanius collurio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lanius collurio. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Picanzo vermello en Vilar de Santos.



Este exemplar novo de picanzo vermello (Lanius collurio) foi capturado para anelamento por Pablo A. Sanmartín Santiago en terreos do concello limiao de Vilar de Santos o pasado día 13 de agosto de 2010.

O picanzo vermello é unha especie frecuente na provincia de Ourense, especialmente nas bisbarras da Limia e Monterrei, nesta última coñécese ao picanzo vermello co nome de cascarrollo.

Os nomes con que se denominan ás diferentes especies animais segundo o pobo no que habitan son coñecidos como nomes vernáculos, existen certos naturalistas que se adican á recopilación destes nomes, patrimonio cultural galego de incalculable valor, para que non se perdan debido ao despoboamento do rural e á cada vez menos estreita relación entre o home e a natureza.

viernes, 14 de agosto de 2009

Polo de picanzo vermello en Ourense.




Polo de picanzo vermello (Lanius collurio) atopado o día 13 de agosto de 2009 perto do montealegra en Ourense, está é unha confirmación da cría desta especie no concello de Ourense, xa o ano pasado se sospeitou a crñia neste lugar pero finalmente non se puido confirmar.

martes, 11 de agosto de 2009