COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Pica pica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pica pica. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de junio de 2011

O futuro da pega.




Mirando paseniño ao noso redor podemos, en ocasións, ser testemuñas de momentos fantásticos, únicos e cheos de beleza. Vivimos nun mundo tan absolutamente cheo de beleza, que a súa abundancia cega en ocasións o senso dalgúns, impedíndolle apreciar o valor do noso entorno e a súa fraxilidade, antepondo entón os intereses persoais aos comúns. Antepondo entón o interese dunha soa especie perante aos millóns de especies restantes que habitan, con pleno dereito, esta nosa terra.

Camiñar un intre, atento a cada movimento, fainos atopar o momento mesmo da emancipación dun polo de pega (Pica pica), quizáis un dos momentos máis difíciles na vida dun paxaro, cando un día abandona a calor e a seguridade do niño, para aventurarse nun mundo cheo de perigos, sin saber apenas voar.

A pega, tan popular como descoñecida, provoca filias e fobias a partes iguais entre a poboación galega. En regresión en certos puntos do noso territorio, parece que son as poboacións urbanas as que presentan un mellor estado de saúde, formando durmideiros en ocasións numerosos, que parecen molestar a aqueles que xa se esqueceron do significado da palabra convivir.

A sabia memoria dos antergos deixou o seu coñecimento sobre a pega plasmado en multitude de topónimos sementados pola nosa provincia, como As Pegas, no concello limiao de Sandiás, ou os Campos da Pega ou a Corga da Pega no concello de Oimbra (no Val do Támega).

Que futuro lle agardará a este polo de pega ourensán?

viernes, 7 de agosto de 2009

Unha pega entra nun bar do barrio das Lagoas






Hoxe día 6 de agosto de 2009 un polo do ano de pega (Pica pica) entrou de súpeto no bar Cobis, sito no barrio das Lagoas da cidade de Ourense, para asombro dos clientes e do propietario.

O animal, que estaba en malas condicións e tiña dificultades para voar, aceptou de bo grao a comida e bebida que lle ofreceu o propietario, aínda que seica se foi sen pagar, polo que din as malas linguas.

Unha vez avisado o SEPRONA, un axente recolleu a pega ó mediodía, para traslada-la ó Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe do Alto do Rodicio, para a súa recuperación e posterior solta ó medio natural, normalmente perto do mesmo sitio no que se atopou, polo que o mesmo volta ó bar para pagar a consumición.

Velaí tendes as fotos da pega vendo a tele...a onde imos chegar.

martes, 4 de agosto de 2009

Pegas bañándose nunha fonte pública nas Lagoas (Ourense)






Fotografías dunha pega (Pica pica) bañándose nuha fonte pública do barrio das Lagoas, cando a calor apreta, o mobiliario urbán da cidade de Ourense, toma novas utilidades...

sábado, 1 de agosto de 2009

Gaivota clara atacada por pegas




Unha das observacións que máis chamou a miña atención neste 31 de xullo de 2009 foi o ataque a unha gaivota clara (Larus michahellis) por parte dun grupo de pegas (Pica pica), a gaivota estaba pousada nun penedo do río ,perto do Tinteiro, na marxe dereita do río Miño en Ourense, de súpeto un bando de pegas recalou nos arredores do penedo achegándose pouco a pouco á gaivota para comenzar de seguido a molestala, ata que a fixeron fuxir.

domingo, 8 de marzo de 2009

As pegas xa se mostran moi traballadoras en Ourense



Nestes primeiros días de Marzal de 2009, as pegas (Pica pica) mostranse moi atarefadas coa reconstrucción dos seus niños, aportando materiais de forma constante, xa logo comezarán as primeiras postas, seguiremos atentos á actividade desta especie.