Nesta foto das areeiras da Limia en Sandiás o día 29 de agosto de 2009, podedes apreciar como os mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis) nados este ano xa adquiriron a plumaxe de 1º inverno que manterán ata a próxima primavera, na que xa terán a plumaxe nupcial.
O mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) é o podicipediforme máis frecuente da provincia, e a Limia conta cunha das poboacións nidificantes máis importantes de Galicia, o día 23 de agosto locolazouse unha concentración duns 20-30 exemplares desta especie nunha das areeiras da Limia en Sandiás, feito habitual nesta época do ano.