COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Podarcis bocagei. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Podarcis bocagei. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de septiembre de 2014

Lagartixa galega en Trandeiras.

O Bon Xesús de Trandeiras é un Mosteiro abandonado e en ruinas situado no concello de Xinzo de Limia, lonxe quedan xa os tempos nos que os monxes percorían o seu marabilloso claustro. Hoxe en día este claustro está habitado por un dos nosos endemismos ibéricos máis senlleiros, a lagartixa galega ou de Bocage (Podarcis bocagei).

A lagartixa galega é o réptil máis frecuente da bisbarra da Limia, como dixemos é un endemismo ibérico, exclusivo do cadrante Noroccidental Ibérico, tendo a maior parte da súa distribución en Galicia e no Norte de Portugal.

Este exemplar foi fotografado o pasado día 24 de Agosto de 2014 no claustro do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, en terreos do concello limiao de Xinzo de Limia.






domingo, 17 de marzo de 2013

Lagartixa galega no Entrimo.


A lagartixa galega (Podarcis bocagei) é un pequeno réptil endémico do cadrante noroccidental ibérico. Ámplamente distribuido por Galicia, en ourense pode chegar a ser localmente común nas bisbarras de maior precipitación hídrica, e realmente escasa naquelas de maior imfluenza mediterránea, onde é sustituida pola lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica).





Nas imaxes aparecen varios exemplares fotografados a carón da igrexa de Santa María de Entrimo o pasado día 2 de marzo de 2013, na bisbarra da Baixa Limia.

martes, 29 de marzo de 2011

Lagartas no cristal.






"Só hai un ben: o coñecimento
só hai un mal: a ignorancia"

Sócrates (470-399 a. C) filósofo grego.

Existe un lugar, a cabalo entre os concellos de Sandiás e Vilar de Santos, chamado o Alto do Seixo. Queridos lectodes debedes saber algo, seixo é o nome dunha pedra, e esa pedra é a que en castelán se chama "cuarzo", mineral do que os humanos sacamos o cristal. e mailo vidro. Así, este topónomos indíacanos que no lugar exite este mineral.Polo tanto recoméndovos encarecidamente que cando queirades traducir esta palabra o fagades de maneira correcta. O seixo en un mineral abundante na Galiza, polo menos localmente, esta abundancia deu como resultado a aparición de numerosos topónimos, entre eles Seixalbo, unha localidade do concello de Ourense. Así que si algún día queredes traducir, nada de "Seijalbo", cuarzo blanco si acaso.

Pero tranquilos especuladores, o cuarzo do alto do seixo non é de suficiente calidade para que vós cheguedes cas vosas paleadoras a escarallalo todo, xa o analizástedes nunha ocasión, e seica non vos vale, agradecido ao resultado das análises!.

Pero sigamos que xa me estou perdendo polas ramas para variar, o Alto do Seixo caracterízase por unha combinación de monte baixo, foresta caducifolia alternado con penedías. Entre a fauna do lugar destaca a herpetolóxica, e entre ela unha especie, a lagarta galega (Podarcis bocagei).

E diredes, pero este que dí, lagarta!, non rapac@s non é un insulto, voume explicar:

O pobo máis achegado ao Alto do Seixo chámase Cerredelo, e pertence ao concello limiao de Sandiás, neste pobo, aos réptiles que noutros puntos chaman lagartixas ou lagartiñas, lle chaman lagartas, non é máis que un vernáculo, ou o que é o mesmo, un nome local para denominar a unha especie determinada.

A lagarta/lagartixa/lagartiña galega é un réptil endémico do Noroeste peninsular, abondosa en toda a Galiza, na nosa provincia atópase ben distribuída. Chegando a ser localmente abondosa, como no caso que nos ocupa, esta especie evita certas zonas de maior influenza mediterránea das bisbarras máis quentes de Ourense.

miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido Herpetolóxico: 1ª parada A Limia.















Na compaña da familia, o pasado día 6 de marzo de 2011, domingo de entroido na miña querida bisbarra da Limia, fixen unha pequena achega á herpetofauna do Alto do Seixo, unha elevación do concello de Vilar de Santos, caracterizada principalmente, como o seu propio nome indica, pola abundancia de seixo (cuarzo en castelán).

Pouco a pouco foron aparecendo cousiñas, e así deixáronse ver varios exemplares de píntega común (Salamandra salamandra), Lagarto arnao (Timon lepidus) e lagartiña galega (Podarcis bocagei), en apenas unha hora de prospección, confeso que non moi exaustiva.

Parece polo tanto que os réptiles comezan a espertar do sono invernal cas primeiras subidas de temperatura do ano, para sorte de aqueles que gustamos da súa presencia.

viernes, 1 de octubre de 2010

Lagartiñas galegas nas Corcerizas.















Outra das especies que atopamos durante as tarefas de reparación da xa mencionada balsa foi a lagartiña galega (Podarcis bocagei), trátase dun lacértido endémico do cadrante noroccidental ibérico, de ahí o seu nome.

Nas imaxes aparecen un macho e unha femia grábida deste especie, o exemplar raiado. Dise que unha femia de réptil está grabida cando está a piques de por os ovos, esta acumulación de ovos fai que as femias teñan un aspecto máis "rechoncho" do habitual.

Algunhas especies de réptiles, entre elas a Podarcis bocagei, fan postas duas veces ao ano, unha na primavera e outra no outono.

lunes, 8 de marzo de 2010

Lagartixa galega na Ribeira Sacra.


Tamén localizada durante a ecovixía na Ribeira Sacra, este exemplar de lagartixa galega (Podarcis bocagei), foi atopado xunto con outros membros da mesma especie, na baixada ao mosteiro roménico de Santa Cristina, no concello de Parada do Sil.

viernes, 30 de octubre de 2009

Lagartixas galegas na Limia














En certos puntos da provincia de Ourense, como a bisbarra da Limia, a lagartixa galega (Podarcis bocagei) é unha das especies máis frecuentes de réptiles, durante os últimos dous meses, setembro e outubro de 2009, este é o arquivo fotografico acumulado desta especie con exemplares orixinarios dos concellos de Vilar de Santos e Sandiás.