COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Timon lepidus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Timon lepidus. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de septiembre de 2014

Lagarto arnal no Pereiro de Aguiar.

Ao lagarto arnal (Timon lepidus), o maior dos nosos lacértidos, chamámoslle polas terras ourensás "lagarto arnao".

Nas imaxes, optidas o pasado día 11 de setembro en terreos do concello do Pereiro de Aguiar, poderedes apreciar tanto exemplares xuveniles (escuros con pintas craras) como adultos (verdosos e con pintas azuis).

Nestes días prodúcense por estas terras multitude de nacimentos de pequenos réptiles, que se apuran a comer insectos para estar preparados por si o inverno que ven fora moi frío, e houbera que alarga-lo letargo invernal máis da conta.

O lagarto arnal atópase ben distribuido na nosa provincia, aínda que evita as zonas máis urbanizadas do centro das vilas e cidades. En tempos moi perseguido (incluso para o consumo humano), hoxe en día os principais problemas aos que se enfronta a especie son os atropelos nas estradas e a alteración do seu hábitat natural.



















miércoles, 9 de enero de 2013

Lagarto arnal pola serra do Xurés.

Un dos lugares herpetolóxicos máis interesantes desta nosa provincia de Ourense é a serra do Xurés. Unha das especies presentes neste punto da nosa xeoagrafía é o lagarto arnal ou arnao (Timon lepidus) o maior saurio europeo, e polo tanto, omaior saurio vivo da nosa provincia. 

De ampla distribución na provincia de Ourense, atópase presente na práctica totalidade da súa superficie, evitando tan só o curuto das serras máis altas, aínda que en alguns sistemas montañosos é capaza de subir bastante en altura. Sendo un réptil ademáis frecuente nos lugares que habita, con desidades elevadas nos lugares de clima máis benigno.






Nesta ocasión preséntovos varias imaxes obtidas na serra do Xurés no pasado mes de agosto de 2012.


miércoles, 9 de marzo de 2011

Entroido Herpetolóxico: 1ª parada A Limia.















Na compaña da familia, o pasado día 6 de marzo de 2011, domingo de entroido na miña querida bisbarra da Limia, fixen unha pequena achega á herpetofauna do Alto do Seixo, unha elevación do concello de Vilar de Santos, caracterizada principalmente, como o seu propio nome indica, pola abundancia de seixo (cuarzo en castelán).

Pouco a pouco foron aparecendo cousiñas, e así deixáronse ver varios exemplares de píntega común (Salamandra salamandra), Lagarto arnao (Timon lepidus) e lagartiña galega (Podarcis bocagei), en apenas unha hora de prospección, confeso que non moi exaustiva.

Parece polo tanto que os réptiles comezan a espertar do sono invernal cas primeiras subidas de temperatura do ano, para sorte de aqueles que gustamos da súa presencia.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Lagarto arnal en Nogueira de Ramuín.



Novo post que exemplifica a constante sangría de vertebrados que se está a producir nas estradas galegas pola total ausencia de pasos efectivos para a fauna, desta volta protagonizado por un exemplar subadulto de lagarto arnal (Timon lepidus), o maior dos nosos lacértidos, atopado morto por atropelo nunha estrada do concello de Nogueira de Ramuín, na compaña de Rafa Vázquez, Noa e Vero.

miércoles, 7 de julio de 2010

Lagarto arnal en Vilariño de Conso.







Aquí podedes apreciar un exemplar adulto de lagarto arnal (Timon lepidus) atopado nas aforas dun pobo do concello de Vilariño de Conso o pasado día 3 de xullo de 2010, na compaña de Anxos Romeo, Martiño Cabana, e Rafa Vazquez.

martes, 6 de abril de 2010

Lagarto arnal en Requiás.




Requiás é un pobo do concello de Muiños, que se reflexa orgulloso sobre a superficie das augas do encoro de Salas, moi perto dalí atopamos este macho de lagarto arnal (Timon lepidus), Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Anxos Romeu compartimos a visión do maior lacértido da nosa terra o pasado día 1 de abril de 2010.

Observade picando na etiqueta da especie a diferenciación cromática dos lagartos arnaos ourensáns segundo a zona de procedencia.


jueves, 8 de octubre de 2009

Xuveniles de lagarto arnal en Oímbra



Este é o aspecto que presenta o lagarto arnal (Timon lepidus) , o maior lacértido de Ourense, cando son aínda unhas crías e fai pouco que sairon dos ovos, como podedes apreciar son moi distintos aos adultos.

Dentro da bisbarra de Monterrei a especie é frecuente, coma no resto da provincia, como amosan estas fotografías do concello de Oímbra do día 4 de outubro de 2009.

lunes, 14 de septiembre de 2009

martes, 11 de agosto de 2009

Lagarto arnal na Limia




Exemplar adulto de lagarto arnal (Timon lepidus) , o maior lacértido da provincia, fotografado na Saínza (Rairiz de Veiga) o 8 de agosto de 2009.