COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Anser anser. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anser anser. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de mayo de 2011

Ganso doméstico e familia.






Ocasionalmente pode ocorrer que algunha das aves ornamentais dos nosos parques e xardíns podan chear a criar con éxito. Ese é o caso dos gansos habitantes no Ragato dos Muíños (tamén coñecido coma Barbañica), ao seu paso polo barrio de A Valenzá (pertencente ao concello de Barbadás).

Os gansos domésticos ou ocas descenden do ganso salvaxe ou bravo (Anser anser), unha especie silvestre de presenza invernante irregular e en excaso número na provincia de Ourense. En tempos de Antela a especie debeu ser máis frecuente na bisbarra da Límia, chegando incluso a críar nela, xa que polo que se dí o ganso bravo mantivo na desaparecida lagoa Antela, o seu derradeiro punto de reproducción na Península Ibérica.

Nas imaxes, optidas no pasado mes de abril, apreciaredes duas parellas acompañadas de sendos polos. Evocadora imaxe sin dúbida, que nos pode facer reflexionar sobre a conservación e o estado do medio natural ourensán, sabida a triste historia dos antepasados salvaxes do ganso doméstico na provincia de Ourense.

sábado, 7 de marzo de 2009

Ganso salvaxe no encoro de Cachamuiña







Durante a realización dun censo de aves acuáticas no encoro de Cachamuiña, o día 7 de marzal de 2009, foi localizado un exemplar de ganso salvaxe (Anser anser), o indivíduo en cuestión amosávase esquivo ante a presenza humana, esta especie de ave acuática é moi escasa na provincia, existindo moi poucas referencias para Ourense, que se centran maioritariamente no río Miño ó seu paso pola comarca de Ourense e na comarca da Limia.