No mesmo cerre da casa de Vilar de Santos frecuentada polas cotovías cristadas, foi localizado o día 25 de decembro de 2009 este exemplar de picaxuncos (Cisticola juncidis), sen dúbida un lugar curioso para esta especie.
Este exemplar de picaxuncos (Cisticola juncidis), foi localizado nunha zona de pastizais anexa ao polígono industrial do Vinteún o día 20 de decembro de 2009 e a pesar do intenso frío mostrábase extremadamente activo...
O picaxuncos (Cisticola juncidis) é un pequeno paseriforme relativamente ben distribuido polas zonas húmidas da provincia.
Nestas imaxes podedes ver un dos dous exemplares que foron localizados o pasado día 8 de decembro de 2009, na Veiga do Toxal, no concello limiao de Porqueira.