COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Paseriformes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paseriformes. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2014

Papamoscas negro y gris en Ourense

Unha das aves máis frecuentes do paso postnupcial é sin dúbida o papamoscas negro (Ficedula hypoleuca), que durante os meses de setembro e outubro faise omnipresente na nosa provincia de Ourense. Parece nestes días que non hai un recuncho no que non voe o papamoscas ou o seu parente o papamoscas gris (Muscicapa striata) do que falamos recentemente e que se presenta menos abondoso.

Nas primeiras imaxes un papamoscas negro fotografado no barrio do Vinteún, nas catro últimas e con tupé a lo "Elvis" estriado un papamoscas gris fotografado en Santa Cruz de Arrabaldo nos pasados días.











miércoles, 17 de septiembre de 2014

Papuxa común en Ourense.

Recordo perfectamente un día que me dixeron que a papuxa común (Sylvia communis) era de todo menos común. Era algo certo por que dependendo a zona na que nos atopemos esta especie pode resultar realmente escasa, tal é o caso daquelas que teñen unha maior influencia mediterránea, como a Depresión Ourensá. Neste caso teremos que agardar aos pasos migratorios para poder deleitarnos coa súa visión.

Pese atodo a papuxa común é tamén unha especie nidificante en bisbarras como a da Limia, onde a especie pode cgegar a ser frecuente localmente.

Durante os pasos migratorios a especie parece máis detectable durante o postnupcial, estade estes días atentos ás matogueiras, e ben seguro que toparedes algunhas.

Nas imaxes un exemplar detectado o pasado día 10 de setembro de 2014 nunha silveira do treito máis urbán do río Miño, no Barrio de A Ponte.







sábado, 13 de septiembre de 2014

Papamoscas gris en Ourense.

O papamoscas gris (Muscicapa striata) é un pequeno e discreto paseriforme que, como o seu propio nome indica, se alimenta de insectos, que captura tanto en voo coma no chan, aínda que principalmente da primeira maneira.

Durante a época reproductora o papamoscas gris é un ave bastante escasa na nosa provincia, apenas un puñado de parellas se acantonan, principalmente no leste do noso territorio. 

É, sin embargo, durante os pasos migratorios cando a especie se detecta con maior facilidade, principalmente durante o paso migratorio postnupcial, que está tendo lugar nestes días.

Nas imaxes podedes observar un exemplar desta especie atopado o pasado día 11 de setembro de 2014 no barrio ourensán de Peón de Cima de Mende, unha pequena poboación do arco rural da cidade situada á ribeira do río Loña.




viernes, 12 de septiembre de 2014

Curroxo negro en Cachamuíña.

Moitas veces os naturalistas cometemos o erro de non facerlle o suficiente caso a aquelas especies máis comúns, grave erro, por que no caso que as poboacións destas especies comecen a ter algún problema, tardaremos máis en darnos conta, e polo tanto poder actuar.

Unha desas especies abondosas, ás que lle vai ben, principalmente debido a que conqueriu adaptarse ao hábitat que forman as nosas vials e cidades, é o curroxo común ou negro (Phoenicurus ochruros).

O curroxo é unha especie insectívora e abondosa, tanto nas vilas pobos e cidades da provincia, como en hortas e cumios ou penedos dos nosos montes, estando presente en tódalas cotas de altitude de Ourense. É frecuente escoitar o canto desta especie pola noito dende os tellados das nosas casas. Agardemos que o curroxo ou rabirrubio, continúa aledando as noites urbanas e rurais das casas ourensás durante moito tempo.

Nas imaxes obsérvase un polo voantón, que aínda reclamaba comida aos pais, localizado no encoro de Cachamuiña, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar o pasado día 23 de agosto de 2014.







 


domingo, 31 de agosto de 2014

Pedreiro cincento no encoro de Cachamuiña.

Como dixemos anteriormente, nestes días está escomezando o paso postnupcial para certas especies de aves. Este feito permitiranos ver aves doutras latitudes e añtitudes, en lugares de repouso. Unha destas aves é o pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe).

Aínda que a nosa provincia posúe unha pequena poboación nidificante desta especie, asentada xeralmente en alturas superiores aos 800 metros, é durante os pasos cando se observa a especie con maior frecuencia e facilidade, aínda así, na Depresión Ourensá, a especie é escasa incluso durante as pasaxes, sendo o encoro de Cachamuiña no Pereiro de Aguiar, un dos escasos lugares onde a especie se deixa ver, dentro da comarca da capital da provincia.

Nas imaxes, dous exemplares atopados en dito lugar o pasado 23 de agosto de 2014, e que estaban dando boa conta dos xuveniles de lagartixa (Podarcis sp) que estes días acaban de nacer, un curioso comportamento, xa que eu coidaba que eran exclusivamente insectívoros, vese que son máis oportunistas do que eu pensaba.





















viernes, 22 de agosto de 2014

Carriza nas areeiras de San Cristobo.

A carriza (Troglodytes troglodytes) é, co permiso das estreliñas (Regulus sp), un dos paxaros máis pequenos do país, frecuente en toda Galicia, está presente na maior parte do territorio da nosa provincia, aledando co seu potente canto as matogueiras onde contrúe o seu niño con musgo.

Na imaxe un exemplar da especie fotografado o pasado día 24 de maio de 2014 nas areeiras de San Cristobo (en Ribadavia). 



domingo, 20 de octubre de 2013

Piquelo azul no Barbantiño.

Seguramente algún de vós visitaredes este domingo o río Barbantiño da man dos Amigos da Terra, e así teredes a oportunidade de observar e disfrutar dun dos ecosistemas de riberia mellor conservados do entorno da cidade de Ourense. Para aqueles que non poidades acudir seguramente haberá máis oportunidades de facelo, mentres tanto aquí vos amoso un dos seus habitantes máis fermosos, o piquelo azul (Sitta europaea).

O piquelo é un paseriforme forestal frecuente na práctica totalidade da provincia, aínda que non chega a ser tan abondoso coma outros dos seus compañeiros da foresta, coma os páridos, por exemplo.

Nas imaxes, obtidas a comezos do pasado mes de setembro, observamos un exemplar fotografado na foresta de galería do río Barbantiño ao seu paso polo concello de Punxín, non lonxe dos mananciais termais coñecidos coma o bañiño.