COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia communis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia communis. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Papuxa común en Ourense.

Recordo perfectamente un día que me dixeron que a papuxa común (Sylvia communis) era de todo menos común. Era algo certo por que dependendo a zona na que nos atopemos esta especie pode resultar realmente escasa, tal é o caso daquelas que teñen unha maior influencia mediterránea, como a Depresión Ourensá. Neste caso teremos que agardar aos pasos migratorios para poder deleitarnos coa súa visión.

Pese atodo a papuxa común é tamén unha especie nidificante en bisbarras como a da Limia, onde a especie pode cgegar a ser frecuente localmente.

Durante os pasos migratorios a especie parece máis detectable durante o postnupcial, estade estes días atentos ás matogueiras, e ben seguro que toparedes algunhas.

Nas imaxes un exemplar detectado o pasado día 10 de setembro de 2014 nunha silveira do treito máis urbán do río Miño, no Barrio de A Ponte.







viernes, 3 de septiembre de 2010

Papuxa común en Vilar de Santos.




A papuxa común (Sylvia communis) é un pxaro estival relativamente frecuente na provincia de Ourense, na bisbarra da Limia existe unha notable poboación nidificante, que se ve incrementada durante os pasos migratorios por paxaros migrantes doutros puntos de Europa.

As imaxes que acompañan esta entrada amosan un exemplar capturado para anelamento polo anelador Pablo A. Sanmartín Santiago, o pasado día 14 de agosto de 2010, en terreos do concello limiao de Vilar de Santos.

sábado, 24 de abril de 2010

Papuxa común en Vilar de Santos.




A papuxa común (Sylvia communis) é un pequeno paxaro cantor, estival e relativamente frecuente na provincia de Ourense.

O pasado día 11 de abril foron localizados dous machos cantores desta especie no concello limiao de Vilar de Santos, os exemplares en cuestión estaban cantando dende o alto duns castiñeiros (Castanea sativa) situados á súa vez nun marco de matogueiras de silvas (Rubus sp) e cultivos.