COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia melanocephala. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sylvia melanocephala. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de septiembre de 2010

Papuxa cabecinegra en Monterrei.




A papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) é un paseriforme de tendencias mediterráneas que nos últimos anos experimentou un constante aumento da súa área de distribución en Galicia.

Se en tempos era un habitante típico de certos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra, hoxe en día podemos falar dunha especie que está presente nas catro provincias galegas.

Nas imaxes podedes apreciar un dos exemplares capturados para anelamento no concello de Monterrei polo anelador Pablo A. Sanmartín Santiago, nas xornadas do 8 e 9 de setembro de 2010.

lunes, 21 de diciembre de 2009

Papuxa cabecinegra en Ourense.


A papuxa cabecinegra (Sylvis melanocephala) é un pequeno paseriforme que sufriu un progresivo proceso de expansión a través dos vales fluviais da provincia de Ourense dende as últimas décadas do pasado século, na actualidade atópase ben representadas nas zonas medias e baixas das bisbarras ourensás.

Este exemplar da imaxe foi atopado o día 19 de decembro nun solar abandoado do barrio ourensán de Vistahermosa, na zona occidental da cidade.