COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Pyrrhula pyrrhula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pyrrhula pyrrhula. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de febrero de 2010

Cardeais no Irixo.







Nestas imaxes podedes apreciar a un grupo de cardeais (Pyrrhula pyrrhula), localizado o pasado día 15 de febreiro de 2010 en terreos do concello do Irixo, o grupo, formado por catro machos, mostra a beleza característica da especie, e que non se apreciaba en anteriores entradas sobre os cardeais.

lunes, 1 de febrero de 2010

Érase unha vez un picatorneiros amigo dus cardeais...








En ocasións nas nosas saídas ao campo podemos atoparnos con curiosas asociacións entre especies que en principio no teñen nada que ver entre sí. Así o pasado 23 de xaneiro de 2010, foi atopado en terreos do concello de Boborás, un exemplar de picatorneiros (Dendrocopos major) asociado a un pequeno bando de Cardeais (Pyrrhula pyrrhula), cando o bando se desplazaba, o paxaro carpinteiro tamén o facía, curioso...ben curioso....

lunes, 4 de enero de 2010

Cardeal nas Veigas de Ponteliñares.







Estes días as Veigas de Ponteliñares están atestadas de paseriformes, entre eles, foi detectado un bando duns 20 ex. de cardeal común (Pyrrhula pyrrhula), durante o pasado día 3 de Xaneiro de 2010, na vexetación arbórea deste espazo natural pertencente ao concello limiao de Rairiz de Veiga.