COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Amoeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Amoeiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de septiembre de 2013

Sapoconcho común no río Barbantiño.

O río Barbantiño é un afluente do río Miño que rega as terras dos concellos de Amoeiro, Punxín e Ourense. O pasado día 13 de setembro de 2013 fun visitalo co gallo de confirmar certas informacións acerca da presenza de certos sapoconchos de especie indeterminada.
Despois de percorrer uns 11 km da cunca deste río, que fai de límite municipal entre os concellos mencionados, foron observados tres exemplares, dos que puiden fotografar este que vos ensino, que parece ser un sopoconcho común (Emys orbicularis), de certa idade.

O sapoconcho común é unha especie de quelonio catalogada coma "En Perigo de Extinción" polo catálogo galego de especies ameazadas. Na nosa provincia coñécense somentes duas poboacións, nas cuncas dos ríos Avia e Arnoia, ambos afluentes do río Miño.

A situación da especie en Galicia é moi precaria, polo que urxe que se tomen as medidas necesarias para evitar a desapación da especie.

Estes sapoconchos atopados recentemente poden supor os restos dunha poboación anterga maior, olo que sería necesario confirmar a súa reproducción, e dilucidar forman unha poboación en sí mesmo, polo que xa teriamos tres puntos en Ourense con presenza estable da especie.

A costume de traslocar e manter efectivos deta especie en catividade, fai en ocasións, que nos atopemos sapoconchos en lugares onde en principio xa non hai, polo que non pode descartarse que estes fosen liberados ou escapasen da catividade, aínda que persoalmente a min non mo parece. Explícome, os veciños do entorno amosan un alto grao de coñecimento da especie, e ademáis sabemos da presenza histórica da especie en toda a cunca do río Miño, dende a confluencia co río Sil, e ata Ribadavia, polo que quizáis estes animais simplemente sempre estiveron alí.

Por último gustaríame resaltar que este ano o sapoconcho común, foi nomeado pola Asociación Herpetolóxica Española, especie do ano, coa intención de por de manifesto o precario estado de conservación que amosan as poboacións desta especie no noso país.


















viernes, 8 de febrero de 2013

Lagartixa dos penedos no Amoeiro.

A lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica), réptil endémico da Península ibérica, pasa por ser un dos hérpetos máis frecuentes e mellor distribuidos da provincia de Ourense. A pesar do aparente frío reinante deste inverno, al lagartixas soen aprobeitar os raios de sol dos días despexados, aínda que a temperatura ambiente non sexa especialmente alta.

Así nestes primeiros días de febreiro, xa é posible ver algunha delas asoleándose polas paredes e penedos da bisbarra, un exemplo este exemplar atopado en Amoeiro o pasado día 2 de febreiro de 2013.


Nota: a situación sistemática da lagartixa dos penedos leva tempo sendo obxeto dunha profunda revisión, a tenor dos derradeiros datos obtidos, parece ser que de trata dun conxunto de especies, endémicas ou cuasi endémicas da Península Ibéricas, agunhas delas foron recentemente descritas, pero a situacións das lagartixas do NO ibérico aínda non foi definitivamente esclarecida.

sábado, 2 de febrero de 2013

Píntega nos montes de Amoeiro.

Xa sabedes que a píntega común (Salamandra salamandra), é un dos meus bichos máis queridos. E confésovos, que a miña falla de actividade dos derradeiros meses, fixo que levase un tempo máis que considerable sen tropezarme cun exemplar desta especie.

A píntega común é un dos anfibios máis frecuentes da provincia, estando presente na práctica totalidade da nosa provincia. A pesar da súa relativa abundancia non está exenta de ameazas. Xa que frecuentemente é víctima de atropelos nas estradas e pistas forestais. Os incendios firestais, e a contaminación das augas poder supor un problema importante, que ten dado como resultado mermas, ou mesmo extinción locais en certos puntos da provincia.



Na imaxe unha pequena píntega atopada hoxe mesmo, día 2 de febreiro de 2013, nun monte do concello de Amoeiro próximo ao límite municipal con Ourense.