O río Barbantiño é un afluente do río Miño que rega as terras dos concellos de Amoeiro, Punxín e Ourense. O pasado día 13 de setembro de 2013 fun visitalo co gallo de confirmar certas informacións acerca da presenza de certos sapoconchos de especie indeterminada.
Despois de percorrer uns 11 km da cunca deste río, que fai de límite municipal entre os concellos mencionados, foron observados tres exemplares, dos que puiden fotografar este que vos ensino, que parece ser un sopoconcho común (Emys orbicularis), de certa idade.
O sapoconcho común é unha especie de quelonio catalogada coma "En Perigo de Extinción" polo catálogo galego de especies ameazadas. Na nosa provincia coñécense somentes duas poboacións, nas cuncas dos ríos Avia e Arnoia, ambos afluentes do río Miño.
A situación da especie en Galicia é moi precaria, polo que urxe que se tomen as medidas necesarias para evitar a desapación da especie.
Estes sapoconchos atopados recentemente poden supor os restos dunha poboación anterga maior, olo que sería necesario confirmar a súa reproducción, e dilucidar forman unha poboación en sí mesmo, polo que xa teriamos tres puntos en Ourense con presenza estable da especie.
A costume de traslocar e manter efectivos deta especie en catividade, fai en ocasións, que nos atopemos sapoconchos en lugares onde en principio xa non hai, polo que non pode descartarse que estes fosen liberados ou escapasen da catividade, aínda que persoalmente a min non mo parece. Explícome, os veciños do entorno amosan un alto grao de coñecimento da especie, e ademáis sabemos da presenza histórica da especie en toda a cunca do río Miño, dende a confluencia co río Sil, e ata Ribadavia, polo que quizáis estes animais simplemente sempre estiveron alí.
Por último gustaríame resaltar que este ano o sapoconcho común, foi nomeado pola Asociación Herpetolóxica Española, especie do ano, coa intención de por de manifesto o precario estado de conservación que amosan as poboacións desta especie no noso país.
Ten algo raro o bicho, haberia que velo en directo.
ResponderEliminarSin problema, agora mesmo estou en capilla, agardando que me chamen, supoño que nesta semana ou a que ven xa saberei algo, con sorte a principios de outubro estarei outra vez ao 100%.
ResponderEliminarNon hai presa, que seica imos ter uns dias de choiva. Cando poidas enviame as fotos orixinais, que aqui non dou ampliado. Graciñas.
ResponderEliminarOk en canto chegue á casa envíochas. Saudos
ResponderEliminar