COLEGAS

jueves, 5 de septiembre de 2013

Unha xornada de anelamento terapéutica na Limia.

A fin de semana pasada tivo lugar na Limia unha xornada de anelamento potagonizada polo anelador pontevedrés Pablo A. Sanmartín, que ven parecía que iamos ver ao propio santo en peregrinación, xa que á súa chamada chegaron moitos dos "bicheiros" que divagan por terras aurensás, ata 20 persoas (e un so anelador...) se xuntaron nas areeiras da Limia para ver os resultados da pasaxe postnupcial na Zepa da Limia. O resultado,  91 aves aneladas pertencentes a 18 especies diferentes. Tendes un resumo dos resultados da xornada no blog de Pablo se picades aquí.

Como ben dixo un dos presentes, ben se puidera confundior esta reunión cun cónclave ornitolóxico, sepades que nos fumos sen elixir Papa, polo que deberemos repetir a xuntanza para ver si hai fumata branca. Entre os que acudiron ás areeiras estaban colegas de fai tempo, Diego R. Vieites, o Propio Pablo, Mariño, Xosé Ramón Reigada, Paco Carballo, Encarna e Gustavo, e novos como Ramsés, Pepe Calleja ou Lucas, e algún máis do que non me lembro o nome.

Para un tío coma mín, que xa se prodiga máis ben pouco polo campo, e que nos derradeiros tempos arrastra unha saúdo algo precaria, foi máis que unha terapía de grupo o poder compartir con tan boa xente unha xornada de bicheo, que fixo, coma pr arte de maxia, que a miña cara que habitualmente reflicte un cansancio cuasi endémico; reflectise desta volta un aspecto luminoso, cando, xa de domingo, atravesei a porta do bar para enfrontarme de novo á realidade cotiá. Menos mal que siguen quedando amigos...aínda que pasen dous anos sen velos.

Ben, deixémonos de lerias que me estou pondo un pouco pastel e xa non teño idade...
 
O anelamento é unha práctica científica e ornitolóxica que consiste na captura de aves para colocarlles unha anela cun código alfanumérico, ao mesmo tempo se anotan datos de interese como complemento, como o tamaño, peso, sexo, idade, etc... Con posterioridade se sokta a ave, que con sorte será capturada noutra ocasión por outro anelador, quizáis noutro país, e asi cotexando datos poderánse obter datos de interese coma rutas migratorias e outros, xa que con cada captura os datos van a parar a unha base de datos.
 
A continuación tedes unhas imaxes da xornada de anelamento nas areeiras da Limia, en Sandiás, o pasado día 31 de agosto de 2013.













2 comentarios:

  1. Hola Alberto, yo también disfruté de la jornada y la compañía de todos, muchos como en tu caso, que hacía tiempo que no veía.

    No sabía que seguías mal de salud, solo pensé que seguías muy delgado y sin tiempo para bichear, pero si se vuelve a repetir para el año... espero no ponerte "grasa 0" ;)

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Graciñas meu! o da saúde miña anda sempre daquela maneira, que lle vamos facer, xa me vou acostumado, unhas veces estamos mellor e outras peor, e sobre o tempo ven sendo así, pouco, pero trato de sacar algo de vez en cando, aínda que ás veces non se reflexa no blogue, que che vou contar...

    Nunha destas podedes vir os tres para a miña casa, por aquelo de ter comodidade, por si a túa "parenta" quere vir e estar nunha casa co neno.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar