COLEGAS

martes, 3 de septiembre de 2013

Doniña atropelada en Vilar de Santos.

"O millor modo de amar algo, é ter sempre presente que podes perdelo"- Diego Torres (1971-) Cantante e compositor arxentino.




O pasado día 1 de setembro de 2013 foi atopada unha doniña ou donicela (Mustela nivalis), atropelada na estrada comarcal 532 (que une Xinzo e Celanova), ao seu paso polo pobo de Barrio, pertencente ao concello limiao de Vilar de Santos.

Os atropelos son unha das principais causas de morte non natural para os vertebrados da provincia. Na bisbarra da Limia a incidencia dos atropelos é especialmente intensa, debido en gran parte ao asfaltado das pistas da concentración parcelaria, é á propia apertura indiscriminada das pistas debido a esta.

Triste ter que amosarvos unha imaxe tan triste dun animal tan fantástico e cheo de personalidade, morto por segunda vez en pouco tempo, sen embargo vexo totalmente necesario a divulgación deste tipo de imaxes para concienciar sobre o impacto dos atropelos por parte do tráfico rodado nas nosas poboacións de vertebrados.

Esquecíame comentarvos que  doniña é o nome vernáculo máis utilizado para referirse a esta especie na Limia, outros nomes, como xa comentei en entradas anteriores son donicela, dona da parede, e como comentou damián "denosiña".

4 comentarios:

  1. ¡Que pena! :(

    Eu nunca atropelei a ningún animal, e a verdade é que espero que non ocorra; sentiríame fatal.

    ResponderEliminar
  2. O feito de atropelar un animal ten moito de fortuito.xeralmente q de todo hai... é a administracion neste caso a q mais pode facer. Principalmentte coa colocacion de pasos e medidas correctoras. Un saudo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Olá Alberto,

      en Verdegaia puxemos en marcha o pasado mes de xuño a campaña "Atropelos, non grazas!" para rematar con esta sangría ambiental. O seu fin é a detección de puntos negros de fauna atropelada para logo implementar as medidas oportunas en cada caso concreto para erradicalos.

      Podes ter toda a información no seguinte enlace:

      http://www.verdegaia.org/index.php/component/content/article/2-uncategorised/1496-atropelos-non-grazas

      Unha aperta,
      Diego R. Vieites

      Eliminar
  3. Olá Diego, veño de ler o enlazamento que puxeche, e a partires de agora tomarei boa nota dos atropelos para ir mandando a info a verdegaia, como xa sabes moitas das entradas deste blogue son de atropelos así que incluso tratarei de facer memoria e ilo pondo ao día.

    Un saúdo e agardo vervos axiña!

    ResponderEliminar