Medios da Policía Local e persoal do Centro de Recuperaión de Fauna Salvaxe do Rodicio están buscando un caimán no treito urbán do río Barbaña.
Con esta nova almorzabamos esta mañá os ourensáns. Todo aconteceu ao parecer cando un traballador adicado á limpeza de cristais e de orixe cubana albiscou un gran réptil no río Barbaña a iso das seis da mañá. O traballador en cuestión avisou ás forzas do orde informando que se trataba dun caimán, non dun cocodrilo, de entre un metro e metro e medio de lonxitude.
Onte durante todo o día, e hoxe, o persoal estivo a procurar o réptil en cuestión, polo menos até o mediodía, que foi cando eu visitei a zona co gallo de obter información.
O persoal encargado da pescuda traballaba baixo a atenta mirada de algún medio de comunicación e algún viandante. Preguntadas algunhas das veciñas da zona, niguén parece que vira nada.
Sexa certa ou non a nova da presenza dun caimán no río Barbaña, a noticia tampouco é de todo descartable, xa que non é a primeira vez que algún destes grandes réptiles aparece no medio Natural do noso país. Este mesmo ano apareceu un en Mijas (Malaga) avistado con vida nun primeiro momento, foi atopado posteriormente morto. Asemada hai uns anos apareceu en Huelva un cocodrilo atropelado nunha estrada.
Este tipo de presencias teñen a súa orixe no mercado de mascotas exóticas, principalmente o ilegal, que ao carecer de papeis (certificado CITES, obrigatorio para a tenencia deste tipo de especies), cando acadan un tamaño demasiado grande e comezan a estorvar, son liberados, dun xeito tremendamente irresponsable, no primeiro lugar que lle parece ao dono en cuestión. Este tipo de actos, máis frecuentes do quie parece, trouxeron consigo a aparición de poboacións de diversas especies alóctonas, como o sapoconcho americano (Trachemys scripta) ou o mapache, principalmente nos arredores das grandes vilas e cidades
Mañá visitarei de novo a zona, na procura de máis información, xa que creo queo caimán igual ñe ao final unha serpe de verán algo tardía. Polo momentoo máis parecido que atopei foi este bolso, non precisamente de pel de cocodrilo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario