COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Rana iberica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rana iberica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de julio de 2015

Rá dos regos na Veiga.

A rá dos regos (Rana iberica) en un anfibio anuro que pasa por ser un dos anfibios máis frecuentes da nosa provincia. Onde ademáis desta especie contamos coa rá das veigas ou bermella (Rana temporaria), moito máis escasa e relegada a brañas situadas a grandes alturas nas serras orientaíns, existindo asemade un núcleo prolongación das poboacións asemtadas na confluencia das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A diferencia entre ambas non é doada, pero habitualmente acudimos ao cromatismo da queixada, moi contrastado no caso de "iberica" e monocromático no caso de "temporaria". Nembargantes existen en ocasión indivíduos que non cumpren as características que aparecen nas guías de identificación. Como é o caso do indivíduo que nos ocupa.

Esrte indivíduo en cuestión posúe moi pouco cromatismo, trátase dun exemplar pequeno, xuvenil seguramente, de "rana iberica", tamén chamada patilonga, que foi atopado an augas do encoro de Prada (A Veiga) o pasado día 23 de xuño de 2015 na compaña de David (do Pereiro). A presneza deste tipo de indivíduos con este tipo de características en zonas próximas á distribución de "Rana temporaria", presente por exemplo en Trevinca, pode dar lugar a erros de identificación. Exemplares con características similares teñen sido vistos en toda a área de distribución de "Rana iberica". Persoalmente teño atopado moitos na Depresión Ourensá.




miércoles, 13 de febrero de 2013

Ra dos regos en Lobeira.

A ra dos regos (Rana iberica) é un anfibio anuro endémico da Península Ibérica, na nosa provincia, pasa por ser un dos anfibios máis frecuentes, sempre a a contaminación escesiva non o impida, xa que a especie parece ter abandonado certos puntos debido a este feito.













O pasado día 9 de febreiro foron localizados varios exemplares no río Fragoso, no concello de Lobeira, pertencente á bisbarra da Baixa Limia, e aquí van unhas pequenas mostras dos exemplares observados.


martes, 14 de diciembre de 2010

Rá dos regos en Esgos; un outono que se nos vai.


"Amigos son aqueles extraños seres que nos preguntan cómo estamos e agardan a escoita-la resposta" -Ed Cunningham (1969- )- Xornalista estadounidense.

Agora que o outono está apiques de rematar deixovos esta imaxe dunha rá dos regos (Rana iberica), obtida o pasado día 6 de decembro de 2010, na compaña dos amigos, Anxos Romeu e Martiño Cabana, nun regato do concello de Esgos.

Bucólica imaxe que nos recorda a ese outono de castañas e magostos que nos deixa, e eses fríos, xeadas e nevaradas que aínda están por vir.

Por certo, esta é a entrada número 600, e parece que comenzamos onte no mundo dos blogues...

lunes, 22 de noviembre de 2010

Amizade anfibia.


A palabra "anfibio" é de orixe grego, e ven a significar "que ten unha dobre vida", ou o que é o mesmo, que se atopa entre dous mundos. Esta definición encaixa perfectamente cas características dos anfibios, xa que a súa vida se atopa a medio camiño entre a auga e a terra.

Os anfibios teñen duas etapas na súa vida. A maioría dos anfibios inician a súa vida na auga, en forma de larvas (cágados). Cando as crías rematan de desenrolarse, é dicir completan a metamorfose, tamén na maioría dos casos, poderán vivir tanto na terra como na auga, estando ligados especialmente ao medio acuático durante a época reproductora.

O pasado día 11 de novembro de 2010, a miña colega Tania Fernandez da Cunha e máis eu fixemos unha curta pero intensa saída herpetolóxica polos arredores da cidade de Ourense. Esta saída obedecía á clara intención de vencer o medo ou repulsión que os hérpetos lle producían á miña amiga.






Así, pouco a pouco as especies foron aparecendo, gardafontes ibérico (Lissotriton boscai), rá dos regos (Rana iberica), sapo común (Bufo bufo), ra verde (Pelophylax perezi), sapiño comadrón (Alytes obstetricans), ra da veiga (Discoglossus galganoi), unha chea de bichiños que co seu doce caracter, fixeron a Tania esquecer, dunha vez por todas a súa fobia herpetolóxica.











Como vedes, ás veces, dous amigos separados por distancias que parecen insalvables, poden tender pontes entre dous mundos, incompatibles, para chegar a unilos dunha forma anfibia, e conquerir o equilibrio desexado, e poucas veces intentado.


Dende aquí quixera felicitar a Tania por encarar con valentía os seus medos, "tendendo pontes", hacia un mundo que lle era alleo e case hostil, demostrando non só unha extrema sensibilidade, senón tamén asertibidade hacia os nosos benqueridos anfibios.

jueves, 29 de julio de 2010

Rá dos regos en Vilardevós.





O pasado día 25 de xullo de 2010 fun dar unha volta polo oriente ourensán cos colegas Rafa Vázquez, Xosé Ramón Reigada e Vero, xa metidos no concello de Vilardevós, atopamos este exemplar de rá dos regos (Rana ibérica).

A rá dos regos é un endemismo ibérico, e a pesar da preocupante diminución que as poboacións de anfibios están a sufrir a nivel global, segue sendo unha das especies de anfibios máis frecuentes da provincia, todo un luxo para a nosa vista.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Rá dos regos en Allariz.





O pasado día 27 de setembro de 2009, na compaña de Martiño Cabana e Anxos, no río Arnoia en Allariz, foron localizados estos exemplares de rá dos regos (Rana iberica), neste lugar a rá dos regos móstrase abondosa, sendo moi frecuente incluso nos tramos do río máis próximos á Vila.

martes, 10 de noviembre de 2009

Rá dos regos no Carballiño




Exemplar de rá dos regos (Rana iberica) localizado no río Arenteiro, no Carballiño o día 18 de outubro de 2009.

Este especimen presente unha certa falta de pigmentación ventral, quizáis debido á súa xuventude, que fai que se asemelle a unha rá vermella (Rana temporaria), sen embargo si vos fixades ben o deseño típico de Rana iberica aparece, pero moi atenuado.

Rá dos regos en Oímbra



Hai que ver o que deu de sí a visita á bisbarra de Monterrei do pasado día 4 de outubro de 2009, este exemplar foi localizado no río Buble no concello de Oímbra, na compaña de Martiño Cabana, Anxos, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada, precisamente no blog deste último: Verín Natural (www.verin-natural.blogspot.com), podedes ver unha imaxe dun exemplar de rá dos regos (Rana iberica) localizado na mesma zona e na mesma xornada.

Rá dos regos na serra de San Mamede




Este exemplar de rá dos regos (Rana iberica), foi localizado nun regato do pobo de Rebordechán en Vilar de Barrio o día 7 de setembro de 2008.

A rá dos regos é un dos anfibios máis amplamente distribuido da provincia.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Ra dos regos en Vilar de Santos





Para seguir comparando poboacións e diseños de vertebrados, aquí están estas imaxes dunha ra dos regos (Rana iberica), xuvenil, no concello limiao de Vilar de Santos, concretamente no pobo de Toxeiriño o día 31 de Outubro de 2009.

martes, 11 de agosto de 2009

Rá dos regos en Sandiás



Fotografias da ra dos regos (Rana iberica) anfibio anuro endémico da Península Ibérica, nunha fonte do pobo de Cerredelo en Sandiás.