COLEGAS

Mostrando entradas con la etiqueta Lobios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lobios. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de enero de 2013

Lagarto arnal pola serra do Xurés.

Un dos lugares herpetolóxicos máis interesantes desta nosa provincia de Ourense é a serra do Xurés. Unha das especies presentes neste punto da nosa xeoagrafía é o lagarto arnal ou arnao (Timon lepidus) o maior saurio europeo, e polo tanto, omaior saurio vivo da nosa provincia. 

De ampla distribución na provincia de Ourense, atópase presente na práctica totalidade da súa superficie, evitando tan só o curuto das serras máis altas, aínda que en alguns sistemas montañosos é capaza de subir bastante en altura. Sendo un réptil ademáis frecuente nos lugares que habita, con desidades elevadas nos lugares de clima máis benigno.






Nesta ocasión preséntovos varias imaxes obtidas na serra do Xurés no pasado mes de agosto de 2012.


martes, 1 de enero de 2013

O cabalo garrano, unha raza da prehistoria.

"Non fai falla renunciar ao pasado ao entrar no porvir. Ao cambia-las cousas non e necesario perdelas"- John Cage (1912-1992)- Compositor estadounidense.

O cabalo garrano é unha raza de cabalo doméstico (Equus caballus) moi achegada aos tipos de cabalos salvaxes que en tempos prehistóricos foron representados polos nosos antepasados na arte rupestre.
Esta raza autóctona habita nos montes do norte de Portugal e o Sur de Galicia en réxime de semilibertade. Xunto con outras razas do Norte ibérico, pertence ao tronco denominado cantábrico-pirenaico, comporto por outras razas tan populares como o cabalo galego ou o asturcón.

En moitas ocasións non temos en conta aos cabalos semisalvaxes dos montes galegos coma fauna propiamente dita, senón como un animal doméstico máis. Sen embargo existen opinións de peso para integrar aos cabalos ceibes dos montes galegos como un protagonista máis da fauna ourensá. Debido ao seu particular réxime de explotación, á súa historia natural, ligada íntimamente ao equilibrio ecolóxico do seu hábitat. E, ademáis como unha parte importante da cadea trófica dos depredadores e carroñeiros dos nosos montes.

O cabalo garrano é quizáis unha das primeiras razas de cabalo domesticadas na Península, xunto co sorraia e o losino, e polo tanto moi próximas ao cabalo salvaxe orixinal o tarpán (Equus ferus), extinto en Polonia no século XIX. Na actualidade podemos atopar ao garrano nas serras limítrofes con Portugal, como por exemplo a serra so Xurés-Gêres.

Trátase dunha raza relativamente pequena, cunha alzada de 120-150 cm, e un peso de entre 150 e 190 kg, de capa parda, como podedes ver nestas imaxes obtidas na serra do Xurés-Gêres.