COLEGAS

miércoles, 10 de septiembre de 2014

Outro morcego na miña casa.

Recentemente conteivos que un morcego entrana pola fiestra da miña casa para pousar no teito, esto ocorre con bastante frecuencia, pero os morcegos logran sair polos seus propios medios, pero en ocasións enredan nas plantas do salón e hay que axudarlles algo.

Iso foi o que ocorreu o pasado día 10 de xullo de 2014, cando un morcego quedou enredado nunha palmeira do salón. O morcego en cuestión coido que é un morcego común (Pipistrellus pipistrellus), pero con reservas xa que me pareceu algo grande para a especie, e este grupo de vertebrados, aéreos e nocturnos, tampouco son a miña especialidade que digamos.

Pese a repulsión que moitas persoas senten de cara a estas especies, hai que destacar o seu papel no control de pragas, sendo unha parte indespensable para o correcto funcionamento do ecosistema.









No hay comentarios:

Publicar un comentario