COLEGAS

viernes, 2 de agosto de 2013

Donicela en Punxín.

A donicela (Mustela nivalis), é o mamífero mustélido máis pequeno de Galicia. Na nosa provincia recibe tamén os nomes de doniña (na comarca da Limia) ou dona da parede (en terras de Viana do Bolo).

En Ourense a donicela atópase polo momento ben distribuida por tódalas bisbarras que compoñen a provincia. Houbo un tempo no que a donicela, debido a que en certas ocasións pode depredar sobre coellos e aves domésticas, foi perseguida con saña, e tida por unha alimaña que debñia desaparecer do noso territorio. En algunha poboación era tida incluso por un animal velenoso, cuia mordida podía matar a un home. Afirmación de todo falsa.

Nas imaxes unha donicela atopada recentemente a carón do río Barbantiño en Punxín, morta por causas descoñecidas.

A raza ou subespecie característica das nosas terras é a Mustela nivalis vulgaris que se extende pola maior parte da Península, que se diferencia do resto de razas por ter os pes de color.







2 comentarios:

  1. Probe animaliño! Belén Lorenzo e mais eu vimos unha denosiña viva cruzando a estrada preto da praia do Rostro en Fisterra o 31.07.2013. Teño unha cutrefoto deste individuo.

    Apertas e parabéns por retomar o blogue.
    Damián

    ResponderEliminar
  2. Verdadeiramente eu levaba bastante tempo ser ver ningunha, pena que tivese que ser deste xeito. Graciñas e saudos.

    ResponderEliminar