COLEGAS

lunes, 12 de agosto de 2013

Rato toupeiro lusitano en Ourense.

Rato toupeiro é o nome xenérico que en certas partes de Ourense se usa para denominar unha sorte de roedores de hábitos soterráneos e cavadores coñecidos en castelán co nome de "topillos" e noutras partes de Galicia co de "corta".

Desta volta agardo que disculpedes a escasa calidade das imaxes pero na última pequena gran viaxe quedei sen cámara reflex, miña coitada xa bastante durou!, e agora téñome que conformar co resultado cunha pequena compacta, mañá mesmo teño pensado por solución a este tema coa merca dunha nova cámara, creo que me dacantarei por unha semireflex, visto o resultado amosado polo colega Xabi Prieto no seu blogue.

Aínda así este animaliño non parecía moi pola laboura de deixarse fotografar así que fixen o que se pudo, con todo as cutre fotos servirannos de escusa para falar dunha nova personaxe desta fauna vertebrada nosa.

O rato toupeiro lusitano ou corta dos prados (Microtus lusitanicus), é un pequeno arvicolino endémico do Norte e Oeste da Península Ibérica, e unha pequena zona da fachada atlántica francesa. A zona que nos ocupa, Ourense, está habitada por unha subespecies propia do Norte da súa área de distribución, denominada M. l. mariae. De hábitos soterráneos, ten unha maior actividade superficial que outras especies emparentadas con él.

Atoparedes ao rato tupeiro lusitano en prados húmidos próximos ao punto de saturación aínda que non asulagados, dende o nivel do mar até a montaña, sendo unha especie abondosa e ben distribuida, base da alimentación de pequenos mamíferos carnívoros e aves de rapina nocturnas e diurnas.

Nas imaxes un rato toupeiro lusitano fotografado na ribeira ourensá do río Barbantiño na tarde de onte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario