Como este blogue últimamente xa parecen as necrolóxicas (as notas, que dirían no meu pobo), vouvos deixar unhas imaxes un pouco máis agradables á vista. Desta volta unha lagartixa rabuda que puiden fotografar ben cerca nunha área de matogueira próxima á cunca do río Barbantiño.
A lagartixa rabuda (Psammodromus algirus) é un réptil relativamente frecuente na nosa provincia, habitante das bisbarras de certa influenza mediterránea, coma Ourense, Monterrei, A Baixa Limia, O Ribeiro ou a Ribeira Sacra e Valdeorras.
Nas imaxes podedes apreciar unha das características máis propias desta especie, as escamas aquilladas, que forman unha especie de tellado sobre o corpo do animal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario