Seguro que moitos de vós lle destes de comer máis dunha vez, seguro que a algún de vós tivo algún percance algunha vez cos seus excrementos, sen embargo seguro que moitos de vós aínda vos estades preguntando si realmenteson salvaxes ou non as pombas das nosas cidades.
A resposta non é fácil, xa que a maioría das pobas domésticas urbanas non son nin totalmente salvaxes nin totalmente domésticas, son cimarronas, o cal quere dicer que son animáis domésticos total ou parcialmente asilvestrados.
A orixe da pomba doméstica (Columba livia var. domestica) é un descendente doméstico da pomba brava (Columba livia). A pomba brava era en orixe un ave rupícola propia dos cantís costeiros e interiores. Nun momento dado a pomba brava debeuse aproximar aos primeiros asentamentos humanos na procura de refuxio e alimento fácil, e así hai xa milleiros de anos, a pomba foi domesticada como fonte de alimentación e aves para envialos mensaxes (mediante as coñecidas como pombas mensaxeiras).
Na nosa provincia a pomba doméstica é unha aves frecuente en pobos, vilas e cidades, e en algunhas delas aínda se cría para comelos pichóns. Pola ontra, a ponba brava, hoxe casi indistinguible da súa parente doméstica, parece que non pasa polos seus mellores momentos, e non atopamosen Ourense poboacións que parezan 100% puras. Aínda así podería quedar algunha poboación parcialmente pura nos Parques Naturais da Serra do Xurés ou da serra da Enciña da Lastra, e certos puntos da Ribeira Sacra ou o Macizo Central
.
Con todo a pomba doméstica pasa por ser unha das aves máis frecuentes das poboacións ourensáns, e aínda que non de todo silvestre, podemos dicir, pese ás molestias que en ocasións pode ocasionar, que se trata dunha das bases tróficas dos depredadores urbáns, sendo esencial para a supervivencia de certas especies de aves rapaces, coma o falcón peregrín (Falco peregrinus), ou o gavilán (Accipiter nisus) e o azor (Accipiter gentilis), sobre todo cando estamos a falar de poboacións urbanas destas últimas.
Na imaxes unhas cantas pombas domésticas de librea próxima a variedade salvaxe fotografadas na cidade de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario