COLEGAS

lunes, 5 de agosto de 2013

Píntega común en Cartelle.

Cartelle é un concello ourensán pertencente á comarca das Terras de Celanova, a cabalo entre os climas atlánticoe mediterrano, conta cun patrimonio histórico interesante, como é o castelo de Sande, unha fortaleza medieval situada en medio de fragas de carballos e explotacións gandeiras.

A píntega común (Salamandra salamandra) recive en Cartelle o nome de zalamela, como xa sabedes é un dos meus máis quereidos bichos, como mostran a cantidade de entradas que lle temos adicado. En certas partes tense á píntega como un animal pozoñento, moi velenoso, e capaz de sobrevivir ao lume, lendas para un animal que polas súas cores rara vez pasa desapercivido. Curiosamente é o lume unha das causas da súa desaparición en certos puntos do país.

Nas imaxes unha píntega habitante do castelo de Sande, en Cartelle, fotografada recentemente.



2 comentarios:

  1. Olá meu,

    sabes se a zalamela das fotos estaba enterrada no Castelo? Dígoo pola terra que ten por riba.

    Moitas grazas polo blogue ;-)

    Unha aperta,
    Diego R. Vieites

    ResponderEliminar
  2. Olá meu! ocorre en ocasións que as píntegas usan como refuxio os galerias de micromamíferos, como este era o caso, xa que o bicho estaba baixo unha pedra pero dentro dunha galería, posiblemente dun roedor. Teño visto en varias ocasións esta asociación da píntega e, principalmente o rato de campo (Apodemus sylvaticus), que quizáis merecería a pena pescudar profundamente, xa que en ocasiñons teño atopado ratos de campo e píntegas xuntos.

    Saúdos.

    ResponderEliminar