Co gallo da conmemoración do 42 aniversario do Convenio Ramsar, un ano máis, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño da Concellería de Educación, a Concellería de Medio ambiente, e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 2 de febreiro pola maña.--
Partiremos dende a Aula da Natureza do río Miño, ás 10:00 horas e tras un paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do Miño, o Loña e finalizaremos a nosa ruta no Barrio de "As Lagoas".
No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.
A data límite para anotarse será o venres día 1 de febreiro pola mañá, por correo electrónico en:
aulanatureza@ourense.es
voluntariado.galicia@amigosdaterra.net, ou ben nos teléfonos 988 510 781 - 988 374 318.
Recordade que debedes levar un calzado adecuado para camiñar, roupa de abrigo e/ou de choiva, auga e, si tedes, prismáticos e cámara de fotos.
En resumo:
Data da saída: 2 de febreiro
Percorrido: polas ribeiras do Miño, do Loña e Barrio de "As Lagoas"
Lugar de inicio do percorrido: Aula de Natureza do río Miño; paseo fluvial de Oira s/n, Ourense
Hora de saída: 10:00 horas
Tempo estimado: unhas tres horas, ata as 13:00 horas
Contacto: nos correos: aulanatureza@ourense.es ou voluntariado.galicia@amigosdaterra.net
ou nos telefonos: 988510781 ou 988 374 318
Data límite: 1 de febreiro pola mañá
Ángel Dorrío
|
|
Amigos da Terra Galicia - Membro de
Friends of the Earth International
|
|
Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003
Ourense
Tel. [+34] 988 374318 Fax. [+34] 988 511020 angel.dorrio@amigosdaterra.net |
|
alli estare
ResponderEliminar