COLEGAS

jueves, 21 de agosto de 2014

Un ourizo pra voltar.

Coma ben dicía o colega Cesar, este blog tornouse nos derradeiros tempos nunha especie de fonte intermitente tal si dos "Ollos do Guadiana" se tratase, non vou a entrar nos dettalles que este derradeiro ano supuxeron para este que vos escribe, so dicir que foi un ano dificil, e sígueo sendo, e polo que parece a de continuar así unha tempada cando menos. Como laiando non se consegue nada imos a recuperar parte do tempo perdido cunha entrada para comenzar a abrir boca.

Algunha das fotografías que publicarei nos próximos días teñen xa unhos meses, outras apenas semanas, pero nestes días do mes de agosto procurarei darlle caña e traballar un pouco neste proxecto, que tiña aparcado, pero nin moito menos esquecido.

Nas imaxes un ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) un dos mamíferos insectívoros de maior tamaño de Galicia, abondoso en Ourense, nos derradeiros tempos ten visto diminuilas súas poboacións debido aos atropelos nas estradas e ao uso indiscriminados de pesticidas no agro.

Este exemplar foi atopado a carón dunhas hortas en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense, o pasado 11 de maio de 2014.








2 comentarios:

  1. Como dirian por ahi "que bueno que viniste", a ver desta volta botas mais escribindo que no Guadiana.

    Apertas meu

    ResponderEliminar
  2. Olá, non prometo nada, que ao final pásame coma aos políticos, moito prometer e despois nada...

    Apertas.

    ResponderEliminar