COLEGAS

jueves, 21 de agosto de 2014

Morcego pequeno de ferradura a carón do Barbantiño.

Tendo en conta o tempo que pasou dende a derradeira vez que nos lemos, paréceme xusto comezar agora por partida dobre, é dicir con dúas entradas, por aquelo de tratar de recuperar o tempo perdido.

Para o común dos naturalistas, a identificación de certas especies tórnase en ocaións un tato complexa, por non dicir imposible, tal é o caso de certos grupos de mamíferos, coma os sorícidos ou os quirópteros. Destes últimos, se procurades no blogue, veredes que apenas hai entradas sobre eles, xa que debido aos hábitos nocturnos, a complexidade do grupo en sí (moitas veces para identificar unha especie hai que tirar de ultrasons), e a sensibilidade dos mesmos, (recoméndase non molestar os acubillos de cría e invernía dos morcegos), pois finalmente fan que moitos dos afecionados deixemos este grupo de lado.

Sen embargo en ocasións a sorte peta na nosa porta, ou na fiestra...tal foi o caso o pasado día 8 de agosto de 2014, cando un morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) entrou pola fiestra da miña casa para pousarse sobre o teito. esta non é a primeira vez que entra un morcego pola prota, pero sí unha das poucas ocasións nas que puiden fotografalo. A identificación non é definitiva, e pode que incluso sexa errónea, xa que a miña experiencia cos morcegos é moi escasa.

Falaremos polo tanto do grupo en xeral, os morcegos de ferradura, quirópteros de pequeno e medio tamaño, deben o seu nome ás secrencias nasais en forma de ferradura. En Galicia contamos con tres especies, sendo a que non ocupa a de menor tamaño, e tamén unha das máis frecuentes.

As secrencias nasais son utilizadas polos morcegos de ferradura para enfocar e afinar os untrasóns que constitúen básicamente o seu sistema de navegación e localización.

A pesar da súa mala prensa, os morcegos son mamíferos insectívoros áltamente valiosos para o agro, cama praguicida natural, debido á gran cantidade de insectos perxudiciais para os cultivos que son capaces de consumir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario