COLEGAS

domingo, 31 de agosto de 2014

Furafollas anano: unha nova especie para Ourense?.

Vaia por diante que o que plantexo neste post non é máis que unha teoría persoal, e non unha afirmación categórica pola miña parte.

O pasado día 10 de maio de 2014 foi atopado no lugar de Casardomato (parroquia de Arrabaldo) en terreos pertencentes ao concello de Ourense, un pequeno sorícido de tamaño minúsculo e con moito carácter, de apenas o tamaño da  primeira falanxe do dedo pulgar.

Despois de moito pescudar nos libros da casa, e en imaxes en internet, teño a sospeita de que se trataría dun furafollas anano (Suncus etruscus). Aínda que debido á dificultade que entraña a identificación deste tipo de micromamíferos vivos e na man, deixoo en cuarentena.

Os micromamíferos soen ser indentificados e estudiados mediante os osos, habitualmente atopados nas egragópilas das aves rapaces nocturnas (curuxas, mouchos, etc). O inconvinte da identificación que se plantexa é que esta especie, "Suncus etruscus", nunca foi citada no Noroeste peninsular. Asemade a especie presenta lagoas na súa distribución xa que, debido ao seu pequeno tamaño, os seus osos non soen aparecer nas egragópilas das rapaces.

O vernáculo "furafollas enano" acabo de inventalo, xa que non atopei referencias para a especie en galego. Xa que en galego sóense denominas ás musarañas coma "furafollas" tomei prestado o termo do catalán "musaranya nana" e do portugués "musaranhao-anao".

Agardo as vosas opinións nos comentarios.



















2 comentarios:

  1. Probaches a enviar as fotos a Biodiversidad Virtual? Adoita ser moi efectivo.

    ResponderEliminar
  2. Verdadeiramente tes razón a ver se saco un tempo entre o curro para pescudar as contrasinais en Biodiversidad, que xa non me lembro nin do nome de usuario que tiña...

    Un saudo!

    ResponderEliminar