Lonxe parecen xa os tempos nos que para ver un corzo había que armarse de paciencia e alonxarse das poboacións. Na actualidade o corzo (Capreolus capreolus) atópase distribuido pola práctica superficie da nosa provincia sendo un dos mamíferos herbívoros máis amplamente distribuidos e tamén máis abondoso.
Dito aumento da área de distribución e das poboacións ovedece ao parecer a ausencia de grandes depredadores en parte da súa área de presenza, ademáis do abandono do agro en gran parte do país, que supuxo a transformación de zonas agrícolas en hábitat idóneo para a especie.
Nas imaxes un par de corzos fotografados nas proximidades da cunca do río Barbantiño a cabalo entre os concellos de Ourense e Punxín, o pasado mes de setembro de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario